7.4 - Tarefas/Situacións de aprendizaxe (ou temas), actividades e exercicios
Nesta lapela cubriremos os aspectos correspondentes á/ás tarefa/tarefas/situacións de aprendizaxe da nosa UDI, ou tema/s no caso de ser unha UD, indicando os datos que corresponda, así como das actividades e exercicios, que atoparás na parte inferior da páxina.
Tarefas/Situacións de aprendizaxe - Temas:
Completaremos os apartados correspondentes ó tema/tarefa/situación de aprendizaxe, aparecerá un termo ou outro (tema ou tarefa/situación de aprendizaxe), segundo sexa unha UD ou unha UDI, pero o funcionamento e o mesmo en ambos casos.
- Escolle entre as tarefas/situacións de aprendiezaxe/temas dispoñibles na UD-UDI (1)
- Engade unha nova tarefa/situación de aprendizaxe/tema (2)
- Ordena as tarefas/situación de aprendizaxe/temas dispoñibles (3)
- Nome da UD-UDI na que se está a traballar (4)
- Indica o nome do producto final, no caso dunha tarefa, ou o título no caso dun tema (5)
- Inclúe unha explicación da tarefa/situación de aprendizaxe/tema e os obxectivos específicos da mesma (6)
- Marca as Competencia Clave que se traballarán, se non se marca ningunha aparecerá un aviso en vermello recordándoo (7). Ten en conta que, a diferencia da versión LOMCE, no currículum LOMLOE, ó non estar asociadas as CC a cada criterio, non é posible que se marquen automáticamente.
Unha vez rematada esta parte, desplázate á parte inferior onde aparecerán as actividades e exercicios.
Actividades e exercicios:
Nesta segunda parte da lapela iremos creando as diferentes actividades cos seus correspondentes exercicios para a tarefa/situación de aprendizaxe (ou tema) seleccionada.
Deberás completar os diferentes campos dispoñibles tendo en conta as seguintes funcionalidades:
- Escolle entre as actividades dispoñibles (1)
- Engade unha actividade ou exercicio (2)
- Borra a actividade ou exercicio (3)
- Ordena as actividades ou exercicios (4)
- Escribe o texto da actividade (5)
- Engade un adxunto ou imaxe (6)
- Escribe o texto dos exercicios (7)
- Fai click para escoller os criterios a traballar na actividad (6)
- Fai click para escoller os contidos a traballar no exercicio (8)
Se escolles a opción de ordear as actividades, exercicios e tarefas/situación de aprendizaxe (temas), verás aparecer un menú similar ó seguinte, onde poderás subir ou baixar cada un dos elementos.
Para cada actividade tan só deberemos escoller os criterios a traballar e automaticamente a aplicación introducirá os obxectivos correspondentes. Tan só haberá que premer no campo criterios, e na ventá que aparece ir marcándoos ou desmarcándoos, e automaticamente os cambios se aplicarán na actividade.
- Escolle entre os niveis (1) e áreas (8)
- Amosa só os criterios marcados (2)
- Busca entre os criterios da área e nivel escollidos (3)
- Indica os niveis para os que engadirás o criterio se premes +/- (4)
- Marca o criterio no nivel actual (5)
- Marca o criterio nos niveis sinalados (6) (4)
- Amosa as UD-UDIS nas que se marcou como traballado este criterio (7)
- Marca os criterios agrupados no tipo elexido (9)
Se deixas o rato sobre o título da actividade poderás ver os exercicios que contén, esto é útil cando está depregada a ventá cos criterios que cubren os exercicios.
Lembra que os cambios nos criterios dan lugar a actualización dos respectivos obxectivos, polo que non terás que escollelos (prográmame faino por ti ;) ). Estes cambios gárdanse automaticamente, pero os cambios os restantes campos: descrición, modelos de pensamento, agrupamentos, exercicios.... deben gardarse co botón de gardado presente en cada lapela.
Para traballar cos contidos dos exercicios o funcionamento é análogo ó anterior, tan só deberemos premer na caixa de contidos de cada exercicio, para escollelos dentro dunha ventá emerxente. Prográmame amosará só os contidos dispoñibles segundo o bloque dos criterios que foran seleccionados, de xeito que sexa máis doado atopalos. Se o desexas tamén podes buscar 'por palabra' entre tódolos contidos do nivel (estean ou non dentro do criterio marcado)
- Escolle entre os niveis (1)
- Marca o contido para este exercicio no nivel (2)
- Marca o contido para este exercicio de tódolos niveis de infantil (3) - Só dispoñible en infantil
- Busca entre os contidos do nivel, con independencia de que estean ou non no bloque dalgú dos criterios escollidos (4)
- Amosa as UD-UDIS nas que foi marcado o contido como traballado nalgún exercicio.
Desmarcar tódolos criterios e contidos dunha actividade:
Nalgúns casos queremos valeirar unha actividade de criterios e contidos, por exemplo cando copiemos unha UD-UDI pública na que queiramos escoller os nosos elementos curriculares, ou mesmo se foi deseñada para outro nivel. Tan só deberemos premer a opción correspondente..





