7.8 - Xerar UD-UDIS e documentos

Nesta última lapela é onde se creará tanto a UDI-UD a partir dos datos introducidos nas diferentes sub-lapelas como só a estrutura-mapa da mesma (que vai incluída tamén na UDI-UD completa). 

Tamén poderás xerar, adicionalmente, os seguintes documentos, que poderás empregar para completar a túa programación e PROENS (especialmente a lista de UD-UDIS cos obxectivos, criterios e contidos traballado/avaliados cos instrumentos)


En canto se prema nalgún dos botóns dispoñibles aparecerán os documentos solicitados. Podes escoller tamén se incluír os elementos curriculares de tódolos niveis ou dun en concreto.


Os formatos en que poderás descargar os documentos xerados son:

  •  pdf
  •  odt para Libreoffice/Openoffice
  •  docx para Word (só dispoñible para usuarios que formen parte do equipo de colaboradores)


Lembra que podes xerar tantas veces como desexes facendo os cambios que consideres en calquera das lapelas da aplicación.

Tamén podes descargar a versión odt para facer cambios directos sobre o documento, evidentemente, neste caso os cambios non estarán presentes na aplicación.



Xerar listas de control da UD-UDI:

Tamén podes xerar as listas de control dos instrumentos elixidos nas UD-UDIS  desde a lapela avaliación de cada unha delas.

Lembra en todo caso que podes usar o seguimento da UD-UDI para facelo directamente desde a aplicación ou a APP para smartphones e tablets, sen ter que xerar e imprimir nada.

Podes ver como facelo na parte final do seguinte vídeo.




Xerar un documento, cos datos para usar en PROENS:

Tes máis información ó respecto na seguinte ligazón:

https://www.recursoseducativos.net/Help-Desk/article/0-como-obter-documentos-cos-datos-para-introducir-en-proens