6.3 - Seguimento do perfil de saída de primaria, secundaria ou bacharelato
Na sub-lapela - seguimento do perfil de saída - podes facer un seguimento ó longo dos niveis da etapa, do perfil de saída de primaria (se se traballa nas etapas de infantil e primaria), secundaria ( ESO) e bacharelato establecido polos currículos.
Unha vez accedas ó partado deberás:
- Escoller unha competencia para traballar co seu perfil de saída. (1)
- Elixir o nivel no que facer o seguimento do perfil de saída. (2)
- Premer o botón - ver seguimento do perfil de saída- (3)
Poderás tamén, nesta pantalla, copiar os niveis de logro e rúbricas de seguimento, de cada perfil de saída outro cartafol ó cartafol actual, na opción copiar (4)
Unha vez despregado o perfil de saída dunha competencia para un nivel en concreto podes:
- Definir un nivel de logro para cada aspecto do perfil de cada competencia (A)
- Definir unha rúbrica para cada aspecto do perfil de cada competencia (B)
- Pechar o perfil para poder escoller outra competencia ou nivel (C)
Lembra que non tes porque completar a rúbrica de cada aspecto, se só desexas (como centro), acordar o nivel de logro agardado en cada nivel.

