inicioacceso usuarios/asGALCAST
.

7.2 - Como facer pública unha UDI-UD (banco público)

Na parte inferior da lapela de UDIS-UDS, poderás acceder ó banco público, con aquelas UDIS-UDS compartidas por outros usuarios da aplicación (do modo arriba indicado), tan só terás que escoller o nome do usuario no desagregable e facer clic sobre a UDI-UD en cuestión para poder descargala en pdf, ou ben premer o botón copiar para "copiala" ó teu cartafol de traballo actual, e poder traballar a partir dela.

  1. Escolle o usuario que ten UDIS-UD públicas
  2. Indica se se trata dunha UDI ou duna UD.
  3. Copia a UDI-UD ó teu cartafol de traballo actual
  4. Fai click  para descargar a UDI-UD en pdf (previsualizar)
  5. Buscar por palabra no título, áreas ou descrición das UDI-UD públicas.

As UDIS-UDS feitas públicas, é dicir compartidas para tódolos usuarios, no caso de ser copiadas pasarán a ser unha UDI-UD máis do cartafol actual pero en ningún caso modificarán a UDI-UD orixinal creada polo usuario que a comparte, xa que se traballará cunha copia. Para traballar sobre a mesma UDI- UD deberá compartirse o cartafol e traballar ámbolos usuarios sobre a mesma.

Se ben o seguinte vídeo amosa o anterior deseño a funcionalidade explicada é a mesma:

 

Como fago pública unha das miñas UD-UDI?:

Poderás marcar calquera das túas UD-UDIS como pública, de xeito que estea accesible para todos no banco de UD-UDIS.

Se ben o seguinte vídeo amosa o anterior deseño a funcionalidade explicada é a mesma: