9.5 - Xestión de equipos cooperativos
Lembra que tamén podes xestionar os equipos na APP para smartphones, tablets.
Podes xestionar os equipos cooperativos que teñas na túa aula desde a opción correspondente en alumnado e grupos, os equipos cooperativos que crees quedarán asociados a un grupo e un cartafol. Deste xeito poderás ter equipos cooperativos diferentes para cada grupo de alumnos nos diferentes cartafoles que teñas.
Desde esta opción poderás:
- Crear tantos equipos como precises para cada un dos grupos e en cada undos cartafoles de forma independente.
- Cambiar o nome dos diferentes equipos.
- Distribuír ó alumnado entre os diferentes equipos.
- Sacar a un alumno/a dun equipo para metelo noutro diferente.
- Asignar un cargo a cada un dos integrantes de cada equipo.
- Borrar un equipo sacando automaticamente a tódolos integrantes do mesmo.
O alumno que vaias asignado a un grupo irá desaparecendo da lista de dispoñibles e viceversa.
Descobre as diferentes opcións e modo de funcionamento no gráfico seguinte:
