inicioacceso usuarios/asGALCAST
.

7.1 - Como crear, borrar, mover, destacar e copiar unha UDI-UD

Como crear unha UD-UDI?

Unha vez teñamos escollido un cartafol de traballo e accedamos á lapela UDIs-UDs, veremos na sub-lapela "Lista de UDIS-UD" o listado de UDIS e UDS que teñamos dispoñibles nese cartafol e poderemos crear unha nova UDI ou UD:

Lembra que tamén podes crear unha UDI usando a Intelixencia Artificial de OpenAI (ChatGPT), consulta o seguinte punto deste mesmo manual

  1. Escribe un título para a UDI e preme o botón correspondente para crear unha UDI ou unha UD. Poderás cambialo posteriormente desde a sublapela, identificación. Tamén poderás cambiar de UDI a UD, e viceversa, premendo a icona da esquerda.
  2. Preme aquí para MOVER a UDI a outro dos teus cartafoles, só poderás facelo se eres propietario do cartafol onde se atopa a UDI.
  3. Marca ou desmarca esta opción se queres facer pública a UDI e que calquera usuario/a poida descargala en pdf ou copiala a un curso. Máis información no punto 7.2 deste manual.
  4. Marca ou desmarca a UD ou UDI como "activa" (tavorita), de modo que aparece ó comezo da lista.
  5. Cambia entre UDI e UD premendo nesta icona. En vermello aparecen as UDIS mentras que en negro a marcadas como UD. Ambas son convertibles entre si tantas veces como se desexe.
  6. Preme sobre a cor asignada a cada UDI, para cambialo en rotación por outro que desexas, de xeito que sexan diferentes coas restantes UDIs.
  7. Selecciona na listaxe das UDIS, do cartafol actual de traballo, aquela coa que desexas traballar, no momento en que a selecciones aparecerán novas lapelas na parte superior.
  8. Copia unha UDI ó cartafol actual para traballar a partir dela

 

Como copiar unha UD-UDI a un dos meus cartafoles?
 

Cando se preme a opción copiar unha UD-UDI ,poderás escoller (na nova ventá que apareza) entre tódalas UDIS dos teus cartafoles propios e daqueles compartidos contigo (estean ou non bloqueados), ver punto 5 deste manual. A UDI-UD copiada será a tódolos efectos una nova UDIUD, polo que os cambios que nela se produzan non afectarán a UDI-UD orixinal.

Se ben o seguinte vídeo amosa o anterior deseño a funcionalidade explicada é a mesma:

Se unha UDI se atopa nun cartafol compartido con outros usuarios, aqueles usuarios con acceso a dito cartafol poderán modificar e traballar coa UDI-UD como se dunha propia se tratase. No caso de cartafoles compartidos, pero bloqueados, ó non poder verse o cartafol na lista do usuario convidado non será posible traballar sobre as UDIS-UDS que conteñan, pero si será posible copiala e traballar sobre a copia.

 

Como mover UD-UDIS entre os meus cartafoles?

Cando se move unha UD-UDI, está é traslada a outro dos cartafoles ós que teñamos acceso, xa sexa propio ou no que esteamos convidados. Neste caso a UD-UDI desaparecerá do cartafol de orixe.

Se ben o seguinte vídeo amosa o anterior deseño a funcionalidade explicada é a mesma:

 

Como destacar unha UD-UDI?

Poderemos tamén destacar aquelas UD-UDIs que desexemos, de modo que aparezan destacada na parte superior da lista. Esto tamén se aplica a APP para smartphones, tablets e reloxos intelixentes.

Tan só deberemos marcar ou desmarcar a icona da estrela que atoparemos á esquerda de cada título.


 

 

Como borrar unha UD-UDI?

Para borrar unha UD-UDI, no apartado identificación dentro dela, deberás escribir como título da mesma a palabra "borrar", ou usar o botón correspondente, se ben deberá estar valeira para poder facelo, non debe ter ningunha tarefa/situación de aprendizaxe/tema, actividade ou exercicio. Deste xeito evitamos borrados accidentais.

 

Descobre no seguinte vídeo como borralas rápidamente, aínda que teña elementos no seu interior.

Se ben o seguinte vídeo amosa o anterior deseño a funcionalidade explicada é a mesma: