inicioacceso usuarios/asGALCAST
.

9.2 - O anecdotario

Lembra que tamén podes usar o anecdotario na APP para smartphones, tablets e reloxos intelixentes.

Para poder empregar o sistema online de anecdotario debes dispoñer dalgún grupo de alumnos/as creado (en xestión do alumnado), e estar dentro dun cartafol, xa que este servizo é independente para cada un dos cartafoles que teñamos en cada etapa.

Para acceder bastará con que escollamos a sub-lapela correspondente, e unha vez dentro, teremos que escoller con que grupo de alumnos queremos traballar.

En canto escollamos un grupo vermos aparecer o alumnado do mesmo, tan só teremos que facer click sobre alumno ou alumna co que queremos traballar.


 

Unha vez dentro da ficha do alumno ou alumna poderemos facer todo isto:

  1. Modifica, edita, unha anécdota xa existente. Poderás cambiar tamén o día, mes, ano, hora e minutos da mesma. As anécdotas amósanse ordenadas por
    datas, da máis próxima á máis lonxana. Se queres borrar unha anécdota tan só tes que escribir a palabra "borrar" e gardar a que se garden os cambios.
  2. Engade unha nova anécdota, aparecerá unha nova caixa en branco, sobre as xa existentes, coa data e hora actual para que poidas modificala ó teu gusto.
  3. Xera o anecdotario do cartafol e usuario no que estamos en odt e pdf
  4. Volta á lista de alumnos do grupo elexido nese momento


Tamén podes xestionar as anécdotas desde o teléfono, tableta e reloxo intelixente coa app oficial (ver manual aquí)

No seguinte vídeo podes ver o seu funcionamento.

Se ben o seguinte vídeo amosa o anterior deseño a funcionalidade explicada é a mesma: