8.2 - Crear e xestionar a semana plantilla no diario de clase
Se vas a traballar con exercicios que se repiten cada semana, é moi cómodo crear unha semana chamada plantilla e engadir nela os elementos que vas a ir marcando como plantilla, de modo que poidas localizalos posteriormente sen problema, en lugar de ter que ir buscando nas diferentes semanas onde foches marcando como plantilla cada elemento.
Crea unha semana en blanco, sen data, co nome "plantila" ou o que queras, e marca que esa semana é unha plantilla. Para diferenciala veremos que aparece marcada de cor amarela.
Tan só teremos que ir engadindo nesta semana plantilla os exercicios ou sesións sen clase que se repetirán ó longo das semanas, de xeito que cando creemos unha nova semana poidamos elexir creala a partir desta plantilla.
Se ben o seguinte vídeo amosa o anterior deseño a funcionalidade explicada é a mesma:



