1.1.9 - Versión LOMCE ou LOMLOE

Durante o período de implantación do currículum da LOMLOE, na aplicación para smartphones e tablets, convivirán ambas versións.

Desde a versión 3.1.134, no apartado configuración poderá escollerse dentre se empregar o currículum da LOMCE ou da LOMLOE.

Debes ter en conta o seguinte:

  • Ata o 31 de agosto de 2022, o currículum que cargará por defecto será o da LOMCE (salvo que se cambie manualmente no apartado configuración) *
  • A partir do 1 de setembro de 2022 o currículum que cargará por defecto será o da LOMLOE (salvo que se cambie manualmente no apartado configuración) *
  • * Unha vez cambiado o currículum no apartado configuración, deixará de ter efecto o indicado nos puntos anteriores, manténdose a elección feita manualmente. O indicado anteriormente, só se aplica se non se fixo nunca o cambio manualmente.
  • A partir o 1 de setembro de 2023 deixará de estar dispoñible o acceso ó currículum LOMCE (so poderá accederse ó mesmo desde a versión web)


No apartado UDIS verás aparecer un indicativo do currículo que estás a empregar. Tamén podes consultar a túa elección no apartado configuración, facendo click na imaxe do teu usuario.


Podes cambiar entre ambos currículos no apartado configuración (premendo sobre o teu avatar). Desde a versión 3.1.134