1.4 -Versión para Android Auto (só Android)

Desde a versión 3.1.169 (para Android), podes empregar Prográmame-udis no teu coche compatible con Android Auto, nesta versión amosaranse os datos dos centros que teñas selecionados no apartado -buscador de centros - da APP do teu smartphone.


1.- Onde atopo a aplicación en Android Auto?:

  • Precisarás contar cun vehículo que sexa compatible con Android Auto.
  • Conecta o teu smartphone ó teu vehículo (por cable ou inarámico segundo o caso), unha vez arrancado Android Auto  executa a aplicación "Prográmame-udis".
  • Se queres xestionar o lugar onde aparece (ou se non a atopases), entra no teu smarphone con Android, no apartado - Axustes (ou configuración) - e busca Android Auto, alí veras no apartado -menú de aplicacións- todas as compatibles, entre elas Prográmame-udis. Poderás decidir se queres que se amose ou non, e a posición na que o fará, arrastrándoa ó lugar que desexes . Por defecto aparecerá visible no último lugar salvo que a reordenes.



 

2.- Que podo facer en Android Auto con Prográmame-udis:

As capturas amosadas de seguido, presentan cada apartado da versión Android Auto  xunto co correspondente aparatado na APP do teléfono, onde se configura cada un deles.

Premendo sobre cada un dos centros amosados, abrirase o navegador coas indicación para chegar ata el.



Na versión para Android Auto poderás facer o seguinte:

Visualizar o teu centro: O que teñas escollido como o teu centro na APP do teléfono, ou no perfil de usuario de recursoseducativos.net



Visualizar os teus centros favoritos: Aqueles que teñas escollidos como favoritos na APP do teléfono, no apartado buscador de centros.



Visualizar os centros máis preto da túa posición: a menos de 5km de distancia de onde te atopes, amosados por proximidade. A túa ubicación actualízase cada vez que se carga a APP en Android Auto, se ben tamén a podes actualizar e recargar a lista de centros, empregando a opción recargar do menú Máis.



Maís: Neste menú adicional atoparás as seguintes opcións:

  • Recargar: Cada vez que abras a aplicación en Android Auto, será usada a túa ubicación actual para amosar os centros próximos, se a ocultas e voltas a entrar voltará a recuperar a ubicación e cargar os datos. Podes usar esta opción nestes casos:
    • Se te atopas nunha zona sen cobertura e se amosa un erro de conexión, para voltar a tentar recargar os datos, sen ter que pechar e abrir novamente.
    • Forzar a recarga de datos e ubicación, de modo manual, sen ter que pechar e voltar a abrir a aplicación en Android Auto.
  • Aviso informativo sobre o uso da APP do teléfono, co vehículo detido, para xestionar o contido amosado.



3.- Podo buscar un centro? Non hai un buscador?

Por seguridade na condución, non é posible usar o buscador de centros directamente desde Android Auto. Deberás deter o vehiculo, e facelo desde a app do teu teléfono, no apartado buscador de centros. Unha vez feita a busca podes engadir algún dos resultados obtidos como favoritos. Dese xeito xa poderás velo en Android Auto, no correspondente apartado (favoritos), cando reanudes a marcha co teu vehículo.

Tes máis información sobre o buscador de centros na APP do teléfono na seguinte ligazón:

https://www.recursoseducativos.net/Help-Desk/article/111-e-uso-do-buscador-de-centros#menu 



4.- Ten en conta:

  • Lembra que por seguridade na condución, Android Auto únicamente amosará un número limitado elementos nas listas. Así pois se tes máis desa cantidade de centros favoritos, só serán amosados os primeiros deles en orde alfabética. Pola súa banda, se se atopan máis de cantidade de centros máixma,  preto de ti, serán amosados só máis próximos á túa ubicación ata chegar o número máximo dispoñible.
  • Lembra que, por seguridade, non debes usar a aplicación do teléfono (nin o teléfono para calquera outra cousa) mentras esteas conducindo.
  • Os datos dos Centros Educativos que se usan na versión Android Auto, ó igual que sucede cos do apartado -buscador de centros -, son actualizados cada semana do buscador de centros do portal educativo (edu.xunta.gal). Os datos amosados son os oficiais que figuran en https://www.edu.xunta.gal/centroseducativos/BuscaCentros.do, que son recuperados el almacenados na base de datos cada 7 días, a partir dos arquivos CSV públicos.
  • Consulta máis información sobre o apartado -Buscador de centros- de prográmame-UDIS, no apartado correspondente deste manual.

https://www.recursoseducativos.net/Help-Desk/article/111-e-uso-do-buscador-de-centros#menu


Estás buscando información sobre Carplay (só iphone)?.

Podes atopala na seguinte ligazón:

https://www.recursoseducativos.net/Help-Desk/article/13-version-para-carplay-so-iphone#menu