1.3 -Versión para Carplay (só iphone)

Desde a versión 3.1.168 (para iphone), podes empregar Prográmame-udis no teu coche compatible con CarPlay, nesta versión amosaranse os datos que teñas selecionados no apartado -buscador de centros - da APP do teu iphone.



1.- Onde atopo a aplicación en Carplay?:

  • Precisarás contar cun vehículo que sexa compatible con Carplay
  • Entra no teu iphone, no apartado  - Axustes xeral  - Carplay  e escolle o teu vehículo. No apartado personalizar, arrastra prográmame-udis á posición que desexes. Asegúrate de que non se atope na zona de -Máis apps- onde se sitúan aquelas non amosadas. Só tes que facer este paso a primeira vez, se queres situar a aplicación onde desexes, por defecto aparecerá ó final de todo.
  • Conecta o teu iphone ó teu vehículo (por cable ou inarámico segundo o caso) e executa a aplicación "prográmame-udis"


2.- Que podo facer en Carplay con Prográmame-udis:

As capturas amosadas de seguido, presentan cada apartado da versión carplay  xunto co correspondente aparatado na APP do teléfono, onde se configura cada un deles.

Premendo sobre cada un dos centros amosados, abrirase o navegador coas indicación para chegar ata el.

Na versión para Carplay poderás facer o seguinte:

Visualizar o teu centro: O que teñas escollido como o teu centro na APP do iphone, ou no perfil de usuario de recursoseducactivos.net



Visualizar os teus centros favoritos:  Aqueles que teñas escollidos como favoritos na APP do iphone, no apartado buscador de centros.



Visualizar os centros máis preto da túa posición: a menos de 5km de distancia de onde te atopes, amosados por proximidade. A túa ubicación actualízase cada vez que se carga a APP en carplay, se ben tamén a podes actualizar e recargar a lista de centros, empregando a opción recargar do menú máis.



Maís: Neste menú adicional atoparás as seguintes opcións:

  • Recargar:  Cada vez que abras a aplicación en carplay, será usada a túa ubicación actual para amosar os centros próximos, se a ocultas e voltas a entrar voltará a recuperar a ubicación e cargar os datos. Podes usar esta opción nestes casos:
    • Se te atopas nunha zona sen cobertura e se amosa un erro de conexión, para voltar a tentar recargar os datos, sen ter que pechar a abrir novamente.
    • Forzar a recarga de datos e ubicación, de modo manual, sen ter que pechar e voltar a abrir a aplicación en carplay.
  • Aviso informativo sobre o uso da APP do iphone, co vehículo detido, para xestionar o contido amosado.



3.- Podo buscar un centro? Non hai un buscador?

Por seguridade na condución, non é posible usar o buscador de centros directamente desde carplay. Deberás deter o vehiculo, e facelo desde a app do iphone, no apartado buscador de centros. Unha vez feita a busca podes engadir algún dos resultados obtidos como favorito. Dese xeito xa poderás velo en carplay, no correspondente apartado (favoritos), cando reanudes a marcha co teu vehículo.

Máis información sobre o buscador de centros na APP do teléfono: https://www.recursoseducativos.net/Help-Desk/article/111-e-uso-do-buscador-de-centros#menu 


4.- Ten en conta:

  • Lembra que por seguridade na condución, carplay únicamente amosará 15 elementos como máximo, nas listas. Así pois se tes máis de 15 centros favoritos, só serán amosados os primeiros 15 en orde alfabética. Pola súa banda, se se atopan máis de 15 centros preto de ti, serán amosados só os 15 máis próximos á túa ubicación.
  • Lembra que, por seguridade, non debes usar a aplicación do teléfono (nin o teléfono para calquera outra cousa) mentras esteas conducindo.
  • Os datos dos Centros Educativos que se usan na versión carplay, ó igual que sucede cos do apartado -buscador de centros -,  son actualizados cada semana do buscador de centros  do portal educativo (edu.xunta.gal). Os datos amosados son os oficiais que figuran en https://www.edu.xunta.gal/centroseducativos/BuscaCentros.do, que son recuperados el almacenados na base de datos cada 7 días, a partir dos arquivos CSV públicos.

Consulta máis información sobre o apartado -Buscador de centros- de prográmame-UDIS, no apartado correspondente deste manual.

https://www.recursoseducativos.net/Help-Desk/article/111-e-uso-do-buscador-de-centros#menu