1.5 - Actualización da APP e dispositivos compatibles
É importante sempre actualizar a aplicación á última versión dispoñible, activa as actualizacións automáticas ou visita regularmente a App Store ou Google play, segundo o caso, e permanece atento/a ós boletíns de novidades que se envían desde recursoseducativos.
No caso da versión da APP para smatphones e tablets, son compatibles aqueles dispositivos con iOS (Iphone e ipad) e Android, que teñan instalada unha versión relativamente recente do mesmo. Se atopas a aplicación na App Store ou en Google Play, significa que poderás instala e usala no teu dispositivo.
No caso da versión da APP para reloxos intelixentes, son compatibles os Apple Watch e reloxos con wearOS (Android).
- Listado de modelos Apple Watch: https://www.apple.com/es/watch/compare/
- Listado de reloxos compatibles con wearOS (Android): https://wearos.google.com/intl/es_es/#find-your-watch
Podes atopar as instruccións de instalación no reloxo intelixente, accedendo á pequena guía existente dentro da APP do teu smartphone ou tablet.