Desde a versión 3.1.181, xa e posible crear, borrar e modificar Unidades Didácticas e Unidades Didácticas Integradas, desde a propia APP, do mesmo modo aue se fai na vesión web, pero só cando se traballa coa versión de currículum LOMLOE.
Asemade, desde a versión 3.1.194, cando se crean UDIs é posible crealas usando unha intelixencia artificial de OpenAI (chatGPT). Consula o manual ao respecto AQUÍ.
Verifica que teñas esta versión ou superior instalada, ou actualízaa en Google Play/App Store segundo o teu dispositivo móbil.
Cando accedas a cada un dos apartados da túa UD-UDI verás na parte superior diferentes botóns para editar, engadir ou borrar. O sistema conta con auto-gardado, ao igual que a versión web, polo que non é preciso que premas o botón de gardado con cada cambio.
No seguinte podes ver como crear, borrar e modificar e borrar UD-UDIS desde a APP, sincronizando os cambios en tempo real coa versión web.