1 - APP para smartphones, tablets e reloxos intelixentes

Podes acceder ás diferentes ferramentas que esteas a empregar en prográmame tamén desde a APP para smartphones, dispoñible para dispositivos Android e IOS - ipadOS (Apple) incluído o Apple Watch, e reloxos con WearOS nas respectivas tendas (Google play, App Store) - iOS 13 ou superior e Android 7 ou superior.

Desde a App para smartphones e tablets poderás:

  •  Acceder cos mesmos datos de rexistro que tes na aplicación online.
  •  Desbloquear (acceder) á versión web de forma automática escanando un código de acceso
  • Traballar cos diferentes cartafoles que teñas creados ou ós que esteas convidado/a.
  • Traballar nas catro etapas dispoñibles para Galicia.
  •  Visualizar tódalas UDIS-UDS (cos seus correspondentes apartados) que teñas creadas en cada cartafol.
  • Crear, borrar e modificar as UD-UDIS (só curríuculo LOMLOE) desde a versión 3.1.179.
  •  Visualizar as diferentes semanas do diario de clase.
  • Aprazar algunha das sesións do diario de clase de xeito que queden almacenadas nunha nova semana en prográmame.
  •  Cambiar o teu avatar de usuario usando a cámara ou galería do dispositivo.
  •  Ler o código QR dos alumnos/as e acceder directamente á súa ficha.
  •  Facer anotacións tanto o teclado, como manuscritas nas tablets, nunha axenda que inclúe o calendario escolar de
  • Galicia. Tamén poderás engadir citas con recordatorios de aviso.
  •  Facer anotacións manuscritas nun block de notas persoal (con Apple pencil, calquer Stylus ou co dedo)
  •  Xestionar os teus grupos de alumnos/as:
    •  Controlar as faltas de asistencias (sistema sincronizado co calendario online da web) e ter gráficos estatísticos das mesmas.
    • Empregar o anecdotario online directamente desde a APP sincronizándoo co dispoñible na aplicación online da web.
    •  Empregar o sistema de anotacións das reunións coas familias/alumnado sincronizándoo co dispoñible na aplicación online da web.
    • Facer anotacións nas diferentes probas que teñas introducidas no caderno do docente para cada alumno desde a aplicación web, sincronizándoas coas existentes na mesma.
    •  Cambiar a fotografía de cada alumno/a usando a cámara ou galería do teu dispositivo. Desde Apple watch e reloxos con WearOS poderás:
  • Ver o diario de clase da semana elixida na aplicación do smartphone, amosando sempre o día actual de forma automática, e movéndose á hora en tempo real (se as horas do horario foron indicadas)
  •  Aprazar un exercicio da semana semana.
  •  Engadir un novo exercicio na semana aprazados
  • Ver a lista de alumnos/as do grupo elixido na aplicación do smartphone
  • Para cada alumno engadir unha anécdota ou reunión, dictándoa ou escribíndoa
  • Ver as próximas citas
  • Para cada alumno xestionar/visualizar as faltas de asistencia do día.
  • Xerar diferentes documentos: UD-UDIS, listaxes, diario de aula, informes de seguimento... Desde a version 3.1.196 é posible xerar os documentos ademais de en pdf, en formato odt. Adicionalmente os usuarios e usuarias que formen parte do equipo de colaboradores/as tamén poderán descargalos en formato docx