0 - Diferencias entre as versións LOMCE e LOMLOE

En continua actualización... revisa este apartado de forma periódica para ver os cambios.

Última actualización 10/05/2022

Aspecto VERSIÓN LOMLOEVERSIÓN LOMCE
Fase de implantación
  • Podes acceder ó currículo LOMLOE, directamente ó entrar, durante os cursos:
    • 2022-2023: LOMLOE aplicable nos cursos impares de tódalas etapas e todo infantil.
    • 2023-2024 e posteriores: a versión LOMLOE cargará por defecto (posto que será o único currículo en vigor), deixando un acceso á versión LOMCE a modo de histórico, pero no directamente ó entrar na aplicación.

    Ambas versións son completamente operativas e interoperables: os datos creados nunha, agás aspectos curriculares, poden empregarse na outra.

    • Podes acceder ó currículo LOMCE, directamente ó entrar, durante os cursos:
      • 2022-2023: LOMCE aplicable nos cursos pares de tódalas etapas agás infantil.
      • 2023-2024 e posteriores: deixará des cargarse directamente a opción LOMCE, pero se incluirá un acceso á versión LOMCE, para ter acceso ós datos. Esta non será directa ó entrar na aplicación.

      Ambas versións son completamente operativas e interoperables: os datos creados nunha, agás aspectos curriculares, poden empregarse na outra.

      Folla de ruta
      • Adaptación da aplicación web e APP á versión LOMLOE, e permitir traballar con ambos currículos á vez:
        • Xa realizado e dispoñible
      • Antes de xullo de 2022:
        • Introdución dos currículos de infantil e primaria en modo borrador, en canto sexan presentados .
          • Infantil: xa dispoñible na aplicación como borrador
          • Primaria: xa dispoñible na aplicación como borrador.
        • Revisión dos borradores introducidos co currículo oficial unha vez publicado. - á espera de publicación dos currículos oficiais.
        • No caso das restante etapas de secundaria (agás infantil e primaria), como no caso da LOMCE, serán os usuarios quenes vaian introducindo os currículos das materias que desexen. 
          • Poderán facelo como borrador e logo revisalo.
          • Poderán introducilas directamente co currículo oficial xa dispoñible.
          • Non podemos garantizar que tódalas materias estean dispoñibles, polo antes indicado.

      Versión conxelada sen cambios futuros, agás de seguridade e erros (durante o curso 2022-2023)

      Filosofía da aplicación
      • A programación de nivel conta (teóricamente) cunha aplicación oficial PROENS (non se incluén xa en Prográmame-udis)
      • As ACS contan (teóricamente) cunha aplicación oficial PROENS (só se inclúe a modo de borrador de ACS en Prográmame-udis)
      • Poderás xerar en Prográmame-UDIS, certos documentos, con datos a incluír en PROENS, a partir das UD-UDIS que teñas creadas.
      • Poderas crear en Prográmame-UDIS un borrador de ACS, cun modelo adaptado, para poder logo usar eses datos en PROENS.

      Prográmame-UDIS queda destinada, ó que foi o seu obxectivo inicial, ó traballo e á planificación curricular na aula:

      • Elaborar a programación de aula, creando UD-UDIS
      • Facer o seguimento e avaliación do alumnado: seguimento de UDIS, caderno do docente, anecdotario, fichas de seguimento...

      Se se desexa acodar os criterios  de avaliación prioritarios no centro, segue sendo posible facelo, pero usando a opcion de -agrupar por tipo- (lapela programación e currículum), creando un tipo chamado, -prioritario- (ou similar), e ir marcando os criterios que se acorden como tal.

      Tamén se pode facer un seguimento dos descritores do perfil de saída (competencial), tanto de primaria como de secundaria para cada nivel.

      Podes tamén crear borradores de ACS, no modelo oficial pero adaptado os elementos do currículumo LOMLOE, para logo usar eses datos en PROENS (que en teoría incluirá dita opción)

      • Elaborar documentos de centro:
        • Perfil de área con estándares prioritarios e mínimos.
        • Perfil competencial por procesos
      • Elaborar partes da programación de nivel (táboa de estándares con mínimos, trimestres e instrumentos)
      • Elaborar ACS
      • Elaborar a programación de aula, creando UD-UDIS
      • Facer o seguimento e avaliación do alumnado: seguimento de UDIS, caderno do docente, anecdotario, fichas de seguimento...


      APP para smartphones, tablets e reloxos intelixentes

      Mantén ás mesmas opcións nas dúas versións. Pode alternarese entre currículos no apartado configuración (facendo click no avatar), de modo que se amosen os elementos curriculares do currículo elexido.

      Actualiza á última versión en Google Play e App Store.

      Mantén ás mesmas opcións nas dúas versións. Pode alternarese entre currículos no apartado configuración (facendo click no avatar), de modo que se amosen os elementos curriculares do currículo elexido.

      Actualiza á última versión en Google Play e App Store.

      Lapela UD-UDIS
      • Nas tarefas/temas as Competencias Clave deben ser marcadas manualmente (ó non estar asociados os criterios a ningunha competencia)
      • Nas actividades escóllense os criterios a traballar, marcándose automáticamente os obxectivos.
      • Nos exercicios, amósanse, para escoller, aqueles que se corresponden ós bloques dos criterios seleccionados na actividade.
      • Na avaliación amósanse os criterios marcados como traballados, para elexir cales e como avaliar.
      • Cando se xera a UD-UDI inclúense os criterios, obxectivos e contidos, así como resumo curricular LOMLOE.
      • As UD-UDIS públicas compartidas amosan se están feitas con LOMCE ou LOMLOE.
      • Podes xerar diferentes documentos, con datos que precisarás en PROENS, para elaborar a programación de nivel.
      • Nas tarefas/temas as Competencias Clave son marcadas automáticamente a medida que se escollen os estándares.
      • Nas actividades escóllense os estándares a traballar, marcándose automáticamente os criterios.
      • Nos exercicios amósanse, para escoller, os contidos que se corresponden ós criterios dos estándares elexidos na actividade.
      • Na avaliación amósanse os estándares marcados como traballados, para elexir cales e como avaliar.
      • Cando se xera a UD-UDI inclúense os estándares, criterios e contidos, así como resumo curricular LOMCE.
      • As UD-UDIS compartidas e públicas indican se son versión LOMCE ou LOMLOE.
      Que sucede coas UD-UDIS xa creadas?

      Se ben poderías, en teoría, traballar coas creadas na versión LOMCE, e nelas engadir os novos elementos curriculares LOMLOE, recomendamos o seguinte para evitar conflictos futuros:

      • Crea un novo cartafol
      • Copia do xeito habitual as UD-UDIS xa creadas a este cartafol, escollendo a opción -copiar só estructura.
      • Completa os elementos curriculares: competencias, criterios (con obxectivos automáticos) e contidos.
      • Desde ese momento xa poderás copiar as novas UD-UDI lomloe, como completas, tal como se facía co anterior currículo.
      Se accedes á versión LOMCE poderás traballar con elas como sempre.
      Lapela programación e currículum
      • Podes agrupar os criterios por tipo e controlar en que UD-UDIS son traballados  ou avaliados
      • Podes visualizar en modo planing os criterios cos tipos agrupados.
      • Podes elaborar un documento de seguimiento, do perfil de saída de cada competencia, tanto en primaria (perfil de saída ó rematar a primaria) como en secundaria (perfil de saída ó rematar o ensino obrigatorio) e bacharelato.
      • Non se pode elaborar a táboa para a programación - debe facerse na aplicación oficial PROENS. 
      • Podes elaborar un borrador de ACS, coas funcións colaborativas de sempre -  para obter un modelo adaptado, cuxos datos poder usar  na aplicación oficial PROENS
      • Non podes crear perfil de área (non existe na LOMLOE) e competencial (non existe na LOMLOE - usar perfil de saída no seu lugar), no cualificar por área ou competencia. (Usar o seguimento de UD-UDIS ou as opcións dispoñibles no apartado alumnado, tanto na web como na APP)
      • Podes xerar diferentes documentos, con datos que precisarás en PROENS.
      • Podes crear a taboa de estándares para a programación agrupando instrumentos
      • Podes agrupar estándares por tipo
      • Podes crear o perfil de área
      • Podes crear o perfil competencial
      • Podes crear ACS
      • Podes cualificar áreas e competencias
      • Podes xerar diferentes documentos
      Áreas de libre elección / ámbitosCada centro pode crear, no apartado xestión do currículo (consultar manual específico), ámbitos escollendo criterios e contidos de diferentes áreas, para logo escollelas na aplicación.Cada centro pode crear, no apartado xestión do currículo (consultar manual específico), as áreas de Libre Elección, para logo escollelas na aplicación.
      Diario de clase

      Nas actividades/exercicios ben creados ou importados de UD-UDIS, poden xestionarse os criterios e contidos respectivamente.

      Nas actividades/exercicios ben creados ou importados de UD-UDIS, poden xestionarse os estándares e contidos respectivamente.
      Educación InfantilNon existen concrecións para centro educativo. Todos empregan directamente os elementos do currículum. Non é preciso escoller ningunha concreción (non existe despregable)Cada centro debe crear a súa concreción, e escollela no despregable superior. Por defecto carga a do CEIP Plurilingüe Pedro Antonio Cerviño.
      Educación Infantil cartafolesAmósanse tódolos cartafoles (no caso dos creados na versión LOMCE por concreción, tamén serán amosados)Os cartafoles amósanse para cada concreción (segundo o escollido no despregable