1.1.2 - Sección UD-UDIS

No apartado UD-UDIS podes visualizar, modificar, crear e borrar as UD-UDIS que teñas creadas na aplicación.

Podes tamén:

  • Engadir as anotación da práctica docente e propostas de mellora.
  • Facer o seguimento da UD-UDI para o grupo de alumnos/as seleccionado.
  • Ver o seguimento, de modo gráfico dos exercicios UD-UDIS traballados e pendentes (incluídas no diario de clase  a partir do 22/02/2022).
  • En xestión, ou no botón de marcado directo, podes marcar unha UD-UDI como activa, para que apareza ó comezo das listas.
  • En xestión podes xerar unha UD-UDI tanto no táboa como completa en formato pdf.
  • Editar, crear e borrar as UD-UDIS que teñas (só currículum LOMLOE) e desde a versión 3.1.179-. Ver o seguinte punto deste manual ao respecto.


Desde a versión 2.1.124, cando se fai click no propio gráfico de seguimento da UD-UDI, pode acceders directamente á visualización do informe completo de seguimento, de elementos traballados.

Desde a version 3.1.196 é posible xerar os documentos ademais de en pdf, en formato odt. Adicionalmente os usuarios e usuarias que formen parte do equipo de colaboradores/as tamén poderán descargalos en formato docx

Enriba da lista de UD-UDIS do cartafol, contas unha serie de tarxetas informativas que podes deslizar a dereita a esquerda na que se amosa información estatística e de resumo do cartafol. Podes localizala pola presenza do indicador sinalado na seguinte imaxe.




Desde a versión 3.1.148 podes marcar/desmarcas as UD-UDIS como "activas" (favoritas), directamente desde a pequena estrela que aparece na parte superior. Lembra que as marcadas como activas ou favoritas aparecerán sempre ó comezo da lista, para unha máis rápida localización.



Menú rápido na lista de UD-UDIS

Na lista de UD-UDIS podes acceder rápidamente ás seguintes opcións, tamén dispoñibles no botón -xestionar- dentro da mesma:

  • Borrar
  • Marcar/desmarcar como activa (favorita)
  • Facer privada ou pública

Para acceder ás mesmas tan só tes que deslizar o título da UD-UDI cara á esquerda (no caso de dispositivos iOS) ou manter presionado (no caso de dispositivos Android), e verás aparece ámbalas dúas opcións.


Significado das iconas na lista de UD-UDIS:

Desde a version 3.1.197 a icona que aparece ao lado de cada UD-UDI indicará se está marcada como privada (situación por defecto) ou pública, además de se a sinalaches como favorita ou non. Deste xeito é máis doado identificar o estado de cada unha delas.