Radio online
A miña radio online
Coa túa conta tes unha radio propia, co seu enderezo e o seu reprodutor, na que só emites ti.
Como emitir en directo
- 0
Comproba que a túa radio está creada e que o estado do servidor aparece como «Iniciado». Se non, usa o botón para creala ou reiniciala. Só hai que creala a primeira vez.
- 1
Instala Butt (ou outro programa similar) no ordenador co que emitas, ou unha app compatible no móbil ou na tableta. Descargas e instalación.
- 2
Engade un servidor de tipo Shoutcast sen SSL cos datos da túa radio. No contrasinal copia o texto completo: o teu usuario, dous puntos e o contrasinal. Configuración paso a paso.
- 3
Pon o reprodutor na web ou no blog do centro co código que tes á dereita.
- 4
Comeza a emisión no programa: escóitase en directo no reprodutor.
- 5
Grava ti a emisión (por exemplo co botón de gravar de Butt): o servidor non garda ningún arquivo.
- 6
Cando remates, o reprodutor volve amosar «sen emisión».
Lista de radios que usan o servizoInclúe a radio de probas de recursoseducativos.net, con emisión en bucle as 24 horas.
A túa radio
Accede co teu usuario e contrasinal (no menú superior) para ver e xestionar a túa radio.
Exemplo: a radio de probas
A radio de probas de recursoseducativos.net emite en bucle as 24 horas.


