1 - Servizo de emisión de radios online

Recursoseducativos.net ofrece un servizo de emisión de radios online, en directo e en tempo real, para empregalas nas aulas con finalidade educativa.

Deste xeito tanto a radio dun centro educativo como de calquera usuario rexistrado, poderá emitir online, en directo, e ser escoitada en calquera parte do mundo; empregando un reproductor que se pode inserir en calquera web ou blog.

Como usuario rexistrado tes creada unha radio propia, na que poderás emitir usando os datos que atoarás na parte dereita. Podes consultar o manual específico, nos seguintes apartados, sobre como emitir desde o teu ordenador.

Podes ver un exemplo da radio online emitindo: Recursoseducativos radio (test para probas) e acceder á lista radios que usan os servizo,  na seguinte ligazón:

https://www.recursoseducativos.net/software/online/radio/lista_radios.php