2 - Que preciso para emitir online na miña radio?

Para poder emitir na túa radio, unha vez instalados os programas que se sinalan nos dous seguintes puntos deste manual,(dependendo de se o vas a facer desde un ordenador, teléfono móbil ou tableta), precisarás uns datos específicos da túa radio e verificar que todo está correctamente activado.

Faino seguindo estes pasos:

1 - Entra no apartado - as miñas radios - de recursoseducativos.net.



A primeira vez que entres deberás activar/crear a túa radio persoal, premendo o botón correspondente. Este paso só ten que facerse unha vez por teu usuario. O proceso e automático e tarda en torno ao minuto e rematar.



Unha vez creada a túa radio (activada), cada vez que entres atoparás os datos de conexión que terá que incluír no programa Butt. Tamén verás o código para insertar na web ou blog.


 

Verifica que o servidor se atope -iniciado (listo para emitir), estado por defecto, en caso contrario preme a opción dispoñible para activalo.




Agora xa está todo listo para comezar a emitir... descubre como facelo nos seguintes apartados deste manual.