inicioacceso usuarios/asGALCAST
.

7.5 - Sub-lapela avaliación e rúbricas

Na lapela avaliación teremos que establecer cales dos criterios que fomos seleccionado nas diferentes actividades, imos a avaliar nesta UDI-UD, sinalando ademais o instrumento que se empregará e se algún deles será avaliado mediante rúbrica.

Aqueles criteiros que non teñan nada escrito como procedemento ou instrumento serán considerados como non avaliados, así pois deberemos indicar só os que queremos avaliar, de todos os que escollimos para traballar nesta UD-UDI.

  1. Escolle entre os niveis e áreas para amosar os criterios que elexiches na UD-UDI 
  2. Amosa só os criterios marcados como avaliados 
  3. Escribe o aspecto a avaliar do criterio 
  4. Indica o instrumento de avaliación a empregar 
  5. Marca o criterio para avalialo como rúbrica. Complétase na lapela correspondente.
  6. Escolle unha lista de control para avaliar o criterio, de modo que poida controlarse en seguimento 
  7. Amosa as UD-UDIS do cartafol no que xa figura como avaliado 
  8. Agrega o criterio a outro xa avaliado con lista lista de control (para agregar criterios a unha rúbrica debes facelo desde o apartado rúbrica)
  9. Expandir: aplica o indicado neste criterio para aqueles outros criterios asociaciados no planing (mesma liña) da lapela programación.
  10. Deixar que a Intelixencia Artificial propoña que elementos a avaliar a partir das propostas que se fagan. (ver punto 7.5.1 deste manual desde aquí)

 

Se un criterio será avaliado polo mesmo instrumento que xa foi indicado para outro, poderemos agregalo ó mesmo empregando o botón correspondente.

Os criterios  marcados como "rúbrica" aparecerán deste xeito, sen opción de traballar con eles, posto que se xestionan desde o seu propio apartado (sublapela), únicamente podemos marcalo ou desmarcalo como rúbrica desde aquí.

 

Criterios agregados para a súa avaliación a outro criterio:

Cando se agregan criterios a outro criterio, para compartir o mesmo instrumento de avaliación, aparecerán deste xeito, podendo "desagregalos" no botón correspondente.

 

 

Marcar criterios como de Seguimento das UD-UDIS:

Lembra que tamén é posible marcar algún dos criterios de avaliación como de seguimento da UD-UDI, de modo que logo poderás usalos na lapela seguiento, tal como se explicará no apartado correspondente.

Se ben o seguinte vídeo amosa o anterior deseño a funcionalidade explicada é a mesma:
No vídeo, cando se refire a estándares, na LOMLOE fan referencia ós criterios.

 

Rúbricas e rúbricas agregadas:

Nesta lapela veremos aparecer, para crear a rúbrica, os criterios marcados como tal na lapela avaliación, poden cambiarse tantas veces como se queira engadindo ou eliminando elementos á rúbrica.

Deberemos completar os diferentes niveis da rúbrica, podendo tamén copiala (importala), doutra das nosas UD-UDIS ou mesmo do banco de UD-UDIS públicas.

  1. Escribe as diferentes escalas de valoración de cada indicador, tamén podes editar o campo indicador/estándar, vendo os cambios tamén na lapela avaliación e viceversa. Se queres voltar ó indicador do currículum, tan só déixao en branco e garda os cambios para que apareza.
  2. Desmarca (elimina) esta rúbrica, para voltar a vela debes marcala novamente na lapela avaliación.
  3. Copia a rúbrica de outra. Podes escoller entre dúas opcións
    1. elaborada para o mesmo estándar noutra UDI. Non se copiarán as agregadas ao criterio pai.
    2. Copia a rúbrica entre as públicas para o mesmo estándar. Non se copiarán as agregadas ao criterio pai.
  4. Agrega novos criterios a esta rúbrica, dos que teñas marcados como rúbrica na avaliación da UDI, (convertíndoos en criterios agregados á rúbrica). É dicir completando a rúbrica avalias tamén os demais agregados


 

Agregar criterios de avaliacIón a unha rúbrica:

Durante a creación de rúbricas, pode ser que nos interese incluír varios criterios similares dentro dunha mesma liña de rúbrica, de xeito que compartan a gradación A, B, C, D., e poidan ser avaliados de forma conxunta, a esta función chamámola en prográmame rúbrica agregada.

Para facer unha rúbrica agregada tan só terás que escoller un dos criterios como rúbrica e, desde a lapela rúbrica premer o botón "agregar" no criterio correspondente.

O premer a opción AGREGAR aparecerá seguinte ventá emerxente, na que podes marcar e desmarcar os criterios que queres agregar a esta liña de rúbrica. Aparecerán aqueles que marcaras como rúbrica no apartado de avaliacIó da UDI-UD.


 

Copiar rúbricas:

Cando se copian rúbricas non se copiarán os criterios agregados xa que estes terían que estar marcados nas diferentes actividades da UDI-UD previamente, por tal motivo deberán agregarse manualmente en cada caso.

Os estándares marcados como agregados aparecerán na lapela -avaliación- deste xeito, indicando en cor vermella o criterio  ó que están agregados, por esa razón non é posible modificar ningú parámetro do mesmo mentres siga marcado como 'agregado'. Se se intenta desmarcar un criterio que teña 'agregados' alertarase de que non é posible, xa que primeiro se deberán desmarcar os agregados antes de poder quitar ese criterio 'principal' como rúbrica.

 

Copiar a rúbrica doutra UD-UDI para usala na actual:

Se ben o seguinte vídeo amosa o anterior deseño a funcionalidade explicada é a mesma: