7.5.1 - Escoller instrumentos de avaliación e completar rúbricas usando a Intelixencia Artificial (IA)
Avaliación con IA:
No apartado de "avaliación dunha UD-UDI" podes usar a opción de pedirlle á Intelixencia artificial de OpenAI (ChatGPT), que propoña uns criterios de avaliación cun instrumento para avaliar, a partir dos aspectos que sinales como "que queres avaliar", coas túas palabras.
Deberás escribir "coas túas palabras" que aspectos queres avaliar nesta UD-UDI.
Rematado o proceso de traballo, despois de premer Propor coa IA, recibirás a proposta, na que podes desmarcar/marcar ou cambiar o que consideres para engadilos.
Este sistema é compatible co marcado manual, a IA nunca reemplazará o que marques manualmente.
Completar rúbricas coa IA:
Se ben cando se fai o indicado no punto anterior, e se propuxo rúbrica, xa se terá unha proposta por parte da IA, podes sempre "complear coa IA" aquelas rúbricas que marques e non teñan nada escrito.
Se queres usar a proposta da IA para a rúbrica, deberá estar valeira, posto que só completa os campos que non teñan nada dentro, para non borrar o teu traballo por erro.
Tan só tes que premer o botón de "IA" en cada rúbrica que o precises.






