
Benvido/a a recursoseducativos.net
Aplicacións online para empregar na túa aula
Ferramentas gratuítas para o profesorado e o alumnado. Coa túa conta, en «As miñas aplicacións» tes un acceso directo ás que precisan rexistro.
Aplicacións destacadas
PrográmameCrea documentos de centro, ACS, partes da programación, Unidades Didácticas integradas, diario de clase e moito máis... para infantil, primaria, secundaria e bacharelato, grazas a esta aplicación online. Poderás xerar ó final do proceso unha versión en odt e outra en pdf. Tamén dispoñible aplicación para Android, iOS e Apple Watch.GALProfesoradoCon rexistro
Calendario de aulaDeseñado para ser empregado en Pizarras Dixitais Interactivas, permite traballar na aula co calendario como complemento do convencional. O alumno pode engadir iconas representativas en datas sinaladas, marcar o tempo fai conseguindo unha gráfica mensual e marcar cada día que pasa cun X. Tamén permite facer o control de asistencia premendo sobre as fotos dos cativos e os seus aniversarios. Para pode traballar con el os alumnos precisarán un carnet QR, que pode imprimirse desde a propia aplicación.GAL · CASTAlumnadoCon rexistro
Encerado de debuxoSinxelo encerado de debuxo para EDI ou dispositivos táctiles, que permite debuxar e escribir a man alzada, usando diferentes cores. Con opción de descarga e impresión do debuxo. Baseado na zona de debuxo do calendario online. Accesible tamén desde https://encerado.abrir.galGAL · CASTAlumnado
Radio onlineServizo que permite emitir online a radio escolar do teu centro. Accede para ver máis información de como solicitala.GALProfesoradoCon rexistro
Creador de palabrasCrea palabras a partir de letras móbiles arrastándoas.GAL · CASTAlumnado
Dicionario onlineDicionario con imaxes, escribindo unha palabra permite xerar un documento pdf coa imaxe seleccionada, tanto en grande como repetida as veces indicadas. Usa o banco común de imaxes xunto co teu propio dicionario. Adceso con código QR do alumnado dispoñible.GAL · CASTAlumnadoCon rexistro
VotaciónsCrea votacións con código único de votante, e observa os resultados da mesma en tempo real, ou amósaos unha vez rematada.GALProfesoradoCon rexistro
Trazar letras e númerosSinxela aplicación para trazar as letras e números no EDI, baseado no deseño da apliación encerado. Accesible tamén desde https://trazos.abrir.galGAL · CASTAlumnado
Os meus arquivosSube, almacena e xestiona os teus arquivos, organizados en cartaafoles. Accesible tamén desde Prográmame-UDIS e desde a APP oficial prográmame-udis para iOS e Android. Sincronizadas en tempo realGALProfesoradoCon rexistro
Panel de ligazónsCrea un panel coas ligazóns que queiras, poderás ordenalos, escoller a cor de cada un deles, movelos, etc...GALProfesoradoCon rexistro
Acurtadores abrir.galCrea enderezos doados delembrar, do tipo oquesexa.abrir.gal, para abrir calquera url web que queiras.ProfesoradoCon rexistro
Escoitar e xogarExercicios interactivos para traballar a conciencia léxica, silábica e fonémica a través do uso da expresión oral. Podes traballar coas frases e palabras incluídas ou ben escribir as túas propias.GAL · CASTAlumnado
Creador de xogos de memoriaAtopa as parellas de imaxes entre as diferentes categorías. Tres niveis de dificultade e categorías actualizadas periódicamente. Podes crear tamén os teus propios xogos e compartilos usando unha ligazón individual.GALAlumnadoCon rexistro
Xerador de códigos QRCrea de forma doada códigos QR das url que escribas. É tan doado como copiar a url, pegala la caixa e xerar o código co tamaño que queiras. Conseguirás unha imaxe que poderás empregar en calquera lugar.GAL · CASTProfesorado
Imaxes ocultasSinxela aplicación coa que, indicando a url dunha imaxe e o númerod e cledas, crea unha imaxe oculta interactiva que pode ir destapándose. Creada inicialmente para empregala en diálogos de "filosofía para nenos/as" e "xogar a pensar".GALProfesorado
Bibliotecas InfantilAplicación online adaptada para a xestión das bibliotecas de aula de Eduación Infantil. Rexistra os libros coas súas portadas asociadas a un número, e o alumno á poderá conseguir dita portada introducindo o número na aplicaión. Deste xeito poderá imprimila, recortala e engadila ó seu rexistro de aula. Inclúe código QR para cada libro. Usando o seu canet QR o alumno poderá ír almacenando os libros que leva e acceder a un rexistro total dos seus libros favoritos.GAL · CASTProfesoradoCon rexistro
Revistas escolares online (xerador)Crea dun xeito doado os teus propios xornais online, tan só precisas ter as páxinas como imaxes enumeradas, e subilas ó noso servidor. Conseguirás varias ligazóns coa revista en formato dixitalGAL · CASTProfesoradoCon rexistro
Xerador de letras móvilesCrea automáticamente un pdf con letras móviles para recortar, tanto en maiúsculas como en minúsculas enlazadas. Tan só tes que escribir ata dez palabras nunha serie de caixas.GAL · CASTProfesorado
Anecdotario, faltas e avaliaciónConstrúe o teu anecdotario e rexistro de faltas de asistencia partindo dunha serie de eleccións, automáticamente xerarase un arquivo pdf que poderás imprimir ou gardar. O anecedotario inclúe un calendario por alumno onde marcar as faltas de cada alumno, unha folla por trimestre para anotacións para cada alumno, así como espazos para as sesións de avaliación e reunións coas familias. Pode incluirse automáticamente, de forma opcional,fotografías en formato jpg acompañando á ficha de cada alumno. Nota: poderás xerarlo a partir dun dos teus grupos de alumnos/as.GALProfesoradoCon rexistro
Xogos de atención e discriminación visualEspecialmente deseñado para ser empregado no E.D.I. amosa diferentes "fichas interactivas" de atención e percepción.GALAlumnado
Axenda escolarConstrúe a túa axenda escolar partindo dunha serie de eleccións, automáticamente xerarase un arquivo pdf que poderás imprimir ou gardar. A axenda inclúe: folla de horario e outros datos, calendario do curso, folla co planing de cada mes, follas de anotacións (número de días por folla que se indique), axenda telefónica, e-mail e de ligazóns. Ademais inclúe os días non lectivos se se escolle o curso actual. Existe tamén una versión reducida chamada "axenda escolar", que tamén atoparás neste listado.GALProfesorado
Calendario escolarXera en formato pdf (A4), o calendario escolar do curso que indiques, se seleccionas o curso actual engadiranse ademais os días non lectivos, así como os festivos de caracter autonómico e estatal.GALProfesoradoMáis aplicacións
E-panelAmosa a información do calendario online, da biblioteca online e tempo meterolóxico real, nunha pantalla informativa na que podes alternar entre a información dispoñible.GALProfesoradoCon rexistro
Mecanografía para nenos/asSinxelo programa para coñecer e practicar coas nocións básicas da mecanografía. Dun modo visual pode irse descubrindo con que dedo debe premerse cada tecla. O feito de ter que mirar constantemente a pantalla para ver que letra debes pulsar, obriga a tecleala sen mirar o teclado.Alumnado
Centro de soporte e axudaSistema centralizado de axuda: Accede ós manuais dos diferentes servizos da web, con vídeos asociados nalgúns casos, usa o buscador para atopar rápidamente o que precisas. Atopa as vías de contacto, entra no foro ou únete ó grupo de Telegram, todo centralizado nun mesmo lugar.Profesorado
Axuda a BeebotAxuda a beebot a recorrer os diferentes camiños, funciona igual que o beebot de verdade. Programa creado en scratch que se actualiza periódicamente con novos niveis e funcionalidades. Máis información sobre o beebot en oscarabilleira.comGALAlumnado
Robótica educativaInformación e actividades para o uso na aula de robots educativos na web www.oscarabilleira.com. Para o beebot, pro-bot e we-do.GALProfesoradoNon hai ningunha aplicación con eses criterios.


