Coa app oficial Prográmame UDIs(móbil, tablet ou reloxo)
A app tamén funciona en smartwatches: Apple Watch e reloxos con WearOS.
Vai incluída na app do iPhone. Búscaa na App Store do iPhone: unha vez instalada no iPhone, aparece automaticamente para instalar no Apple Watch.
Modelos de Apple Watch
Precisas a app Prográmame UDIs nun iPhone ou nun Android para sincronizala co reloxo. Se a tes nun Android, aparece automaticamente en Google Play do reloxo; se usas iPhone, búscaa a man en Google Play do reloxo.
Modelos con WearOS (hai reloxos compatibles que non están na lista)
* Pode ser compatible con outros smartwatches que non aparecen nos listados: búscaa na tenda de aplicacións do teu reloxo como «prográmame-udis».
Buscador lexislativo
Toda a normativa educativa vixente nun só lugar, clasificada e ligada co boletín oficial onde se publicou.
Cargando… Buscar tamén dentro do texto das normas Que fai este buscador? Axuda
Cada día revisa o Diario Oficial de Galicia (DOG), o Boletín Oficial do Estado (BOE) e a guía de normativa da Consellería en edu.xunta.gal en busca de normativa educativa nova. Clasifica cada norma por categorías, detecta cando unha norma derroga ou modifica outra e garda a ligazón directa á súa publicación oficial. As convocatorias, bolsas, axudas e nomeamentos non se inclúen porque non son normativa. A marca «Guía da Consellería» indica as normas que a propia Consellería recolle como referencia.
A información é orientativa: o texto con validez legal é sempre o publicado no boletín oficial ligado.
Últimas incorporacións e novidades