Así se sube á Aula Virtual, ao EVA de Edixgal ou a Moodle:
Descarga o ficheiro .h5p co botón de abaixo. Entra no teu curso e preme Activar edición (arriba á dereita). Na sección onde a queiras, preme Engadir unha actividade ou un recurso . Escolle H5P . Pon un nome e arrastra o ficheiro descargado ao recadro Ficheiro do paquete . Se queres que conte para a nota, revisa o apartado Cualificación . Despois preme Gardar e mostrar . Escolle H5P , non Contido interactivo («H5P interactivo»): é un sistema distinto e máis antigo, e pode non aceptar o ficheiro.
Se xa a subiras antes e agora a cambiaches aquí: na Aula Virtual (ou no EVA / Moodle) abre a actividade H5P, entra en Configuración e substitúe o ficheiro do paquete polo novo. Mellor facelo antes de que o alumnado a responda.
Tamén podes subila ao Banco de contidos do curso (Máis → Banco de contidos → Cargar) para usala en varios sitios.