inicioacceso usuarios/asGALCAST
.

Completa os ocos da frase

Antes de descargar: así se sube á Aula Virtual, ao EVA de Edixgal ou a Moodle.

  1. Descarga o ficheiro .h5p co botón de abaixo.
  2. Entra no teu curso e preme Activar edición (arriba á dereita).
  3. Na sección onde a queiras, preme Engadir unha actividade ou un recurso.
  4. Escolle H5P.
  5. Pon un nome e arrastra o ficheiro descargado ao recadro Ficheiro do paquete.
  6. Se queres que conte para a nota, revisa o apartado Cualificación. Despois preme Gardar e mostrar.

Escolle H5P, non Contido interactivo («H5P interactivo»): é un sistema distinto e máis antigo, e pode non aceptar o ficheiro.

Se xa a subiras antes e agora a cambiaches aquí: na Aula Virtual (ou no EVA / Moodle) abre a actividade H5P, entra en Configuración e substitúe o ficheiro do paquete polo novo. Mellor facelo antes de que o alumnado a responda.

Tamén podes subila ao Banco de contidos do curso (Máis → Banco de contidos → Cargar) para usala en varios sitios.