recursoseducativos.net
inicio       acceso usuarios     GAL | CAST
.
inicio       acceso usuarios     GAL | CAST
avatar PROFESORADO
RECURSOS ONLINE

Agendas, calendarios, anecdotarios, letras móviles..
avatar ALUMNADO
RECURSOS ONLINE

Juegos online y aplicaciones adaptadas para el alumnado.
CON REGISTRO
SERVICIOS ONLINE

Acceso directo a los servicios que necesitan rexistro
REGÍSTRATE
PARA USARLOS EN EL AULA

Para usar alguno de los servicios regístrate aquí
AYUDA

- Centro de soporte e axuda
- Grupo de telegram
- Formas de contacto
Sobre recursoseducativos

- Queres facerte colaborador?
- Datos financieiros (gastos)
- Blog do autor: oscarabilleira.com
#recursoseducativosnet
#programameudis
16125 USUARIOS REXISTRADOS CON CONTA ACTIVADA



AVISO LEGAL E CONDICIÓNS DE USO DA WEB

www.recursoseducativos.net
www.programame.gal

 

1.- Finalidade e definicións:
A publicación web recursoseducativos.net (en diante recursoseducativos.net), entendendo como tal a todas e cada unha das páxinas que a constitúen, incluíndo o dominio alternativo www.programame.gal, ofrece os seus servizos de forma gratuita e non profesional, tendo como finalidade a publicacionde aplicacións informáticas que poidan ser empregadas libremente na práctica docente.. Ditas características fan que sexa considerada como
web de carácter persoal.
Os arquivos físicos que constitúen
recursoseducativos.net - www.programame.gal atópanse aloxados nun servidor dedicado albergado na empresa www.hosteurope.com.

2.- Xurisdicción e ambito territorial de aplicación:
Ao non poder establecerse o principio de territorialidad en Internet,
recursoseducativos.net comunica expresamente o seu sometimiento á lexislación e tribunais españois. Sendo considerado o emprazamento da web como España para todos os efectos. De acordo á LSSI, recursoseducativos.net asume e comprométese a cumprir o contido de devandita lei, tal como queda explicitado neste aviso legal. Deste xeito queremos ofrecer aos nosos visitantes as maiores garantías de seguridade e confianza posibles. Si é de aplicación a recursoseducativos.net a Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro sobre Protección de Datos de Carácter Persoal (en diante LOPD). (Ver apartado 7 do presente aviso legal).

3.- Datos identificativos:
Indícanse a continuación unha serie de datos que permiten a identificación inequívoca de recursoseducativos.net (de acordo ao indicado na LSSI).
- Nome: www.recursoseducativos.net
- Propietario/creador: Óscar Abilleira Muñiz
- NIF: xxxxxxxx  **
- e-mail de contacto: info@recursoseducativos.net
- Teléfono de contacto: * *

** Con finalidade de salvagardar certa información privada, estes datos deberán ser solicitados vía e-mail motivando suficientemente as causas da necesidade de coñecer os mesmos.

4.- Licenza CC e dereitos
Tódolos programas e aplicacións online dispoñibles na web recursoseducativos.net son gratuitos, podendo ser empregados libremente por terceiros. Quedan excluidas desta licenza as imaxes subidas polos usuarios a aplicacións como o diccionario, biblioteca ou revistas escolares, que son responsabilidade da persoa que as sube, podendo solicitarse a súa retirada comunicándoo a info@recursoseducativos.net

Licencia de Creative Commons
Recursoseducativos.net by Óscar Abilleira Muiñz is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.


5.- Limitación de responsabilidades:
A páxina web recursoseducativos.net non inclúe nos seus arquivos físicos ningún virus, troiano ou calquera outro programa susceptible de causar danos ou perjucios aos equipos informáticos dos usuarios. Así mesmo, tanto o servidor onde se atopa aloxada coma a web com implementaron medidas de seguridade para evitar hipotéticos danos, que actuacións de mala fe de terceiras persoas alleas completamente a esta web, puidesen causar aos usuarios ou nos equipos dos visitantes. En todo caso, nin
recursoseducativos.net nin os seus administradores poderán ser responsables dos danos que actos malintencionados de persoas alleas ao noso equipo, puedieran provocar nos equipos dos usuarios.
En virtude do artigo 11 da LSSI,
recursoseducativos.net colaborará coas autoridades competentes si tales danos alleos a nós chegasen a producirse.


6.- Funcionamento:
A web
recursoseducativos.net non pode garantir a continuidade do servizo en todo momento, polo que non se fai responsable de posibles problemas no servidor e/ou saturación da base de datos. En todo caso, intentarase solucionar os posibles fallos canto antes. recursoseducativos.net. non é responsable do uso que terceiros poidan facer da información pública da web nin os danos que estes poidan causar.


7.- Política de cookies e datos almacenados no navegador:
A web
recursoseducativos.net non emprega ningún tipo de cookies ou sistema de almacenamento "non técnico" polo que ningunha cookie de terceiros será instalada no navegador do visitante ó acceder ou usar os nosos servicios. Únicamente será almacenada unha cookie para lembrar que autorizaches o almacenamento de datos. Se ben almacenamos algúns datos a través do sistema "localStorage" no navegador, "de carácter técnico", unha vez accedes co teu usuario e contrasinal; estes datos son imprescidibles para o uso de certas aplicacións para o que se solicita o consentimento informado durante o primeiro acceso á web.

Entendemos que unha vez introduces o teu usuario e contrasinal autorizas que se almacenen este tipo de datos. Podes eliminar estes arquivos borrando os arquivos temporais do teu navegador. Os datos de sesión (usuario e contrasinal) almacénanse só ata que se pecha o navegador ou se cerra sesión, os restantes permancerán almacenados para o uso da aplicación no seguinte acceso e tal como comentamos poden eliminarse eliminando os arquivos temporais do navegador. O premer "acepto", no aviso, ou ó acceder co teu usuario e contrasinal, autorizas que se almacenen estes datos no teu navegador.

En cumplimento da lexislación vixente ó respecto, se ben este tipo de almacenamento de datos técnicos almacenados están exentos da mesma, co fin de facer o seu uso tamén transparente para os usuarios incluímos de igual modo este aviso na web.



8.- En canto á lei de protección de datos persoais:
Os datos de carácter persoal introducidos en recursoseducativos.net, ou nalgunha das súas aplicacións, só son accesibles para o usuario rexistrado que as introduciu, non sendo públicos en ningún caso. O usuario é o responsable último e UNICO dos datos persoais introducidos, en especial daquelas relacionados co seu alumnado, entendéndose que cando os introduce conta coa autorización das familias, tal como contempla a lei de protección de datos, e cumple os protocolos correspondentes (no caso de Galicia podes atopar aquí o protocolo). O creador de recursoseducativos.net non é responsable dos datos que os usuarios introduza voluntariamente nin da orixe dos mesmos. Estes datos introducidos voluntariamente polos usuarios, deben cumprir a normativa en vigor en canto á lei de protección de datos e os protocolos que se establezan. O usuario é o responsable último tanto da creación "deste ficheiro de datos" tanto da eliminación do do mesmo cando o considere oportuno. O creador de recursoseducativos.net non se fai responsable dos datos que voluntariamente un usuario almacene incumplindo a normativa da lei de protección de datos ou análoga, e aquelas normas que dela se deriven en cada momento.

Os datos almacenados na base datos, tanto os do rexistro do usuario, como os introducidos por este na aplicación, serán só usados dentro da aplicación web o móbil (app android ou ios). En ningún caso serán entregados a terceiros é só pode acceder ós mesmos o usuario rexistrado, accedendo cos seus datos de usuario e contrasional. En situacións excepcionais, á fin de solucionar problemas técnicos, o administrador do sitio web e aplicación (propietario único da mesma), poderá acceder para verificar o funcionamento do mesmo.
O uso de calquera dato introducido na web fora da mesma por un usuario, queda prohibido salvo que o faga o propio usuario, e conte coas autorizacións pertinentes ó respecto.

Durante o rexistro únicamente se pide un nome de usuario, un contrasinal e un correo. Posteriormente podes completar, se o desexas outros datos persoais, en ningún caso son púlicos e nunca serán empregados para calquera outra actividade fora de recursoseducativos.net e as súas aplicacións. Estes datos poden ser borrados e moficiados en calquera momento polo usuario rexistrado desde o seu perfil.

O rexistro está destinado únicamnente a mariores de 18 anos e, preferentemente docentes, posto que NON É PRECISO o rexistro por parte do alumnado nin das familias para poder acceder ós servicios dispoñibles.
En cumplemento da RGDP deberás aceptar de forma explícita que queres que che enviemos correos electrónicos informativos, con novidades da web e outros aspectos sobre o funcionamento. Por defecto tra-lo rexistro esta opción aparecerá como desactivada e terás que autorizada de forma explicíta ben desde o formulario da rexistro como en calquera momento no teu perfil de usuario. Tamén usaremos o teu correo para poder enviarche os teus datos de acceso no caso de que os esquezas e o solicites

Outra serie de datos que podes incluir opcionalmente no teu perfil de usuario como nome completo ou centro escolar, que en ningún caso son imprescindibles para usar recursoseducativos.net serán utilizados únicamente a título estatístico para coñecer a distribución xeográfica do uso da web e para poder dirixirse directamente ós usuarios, polo seu nome real de figurar no formulario en certas comunicacións. En calquera caso estos datos non son requeridos no rexistro e teñen que ser cubertos, en caso de que así se desexe, de forma consciente polos usuarios accedendo ó seu perfil de usuario podendo modificalo cantas veces desexen.

Podes eliminar o teu usuario, borrándose os datos almacenados de forma inmediata, usando a opción dispoñible no teu perfil de usuario. Enviarase un correo de para confirmar o borrado, seguido dun formulario onde se manifesta expresamente que é un proceso irreversible.

Tódolos datos e arquivos de recursoseducativos.net, así como do servizo abrir.gal e oscarabilleira.com, están almacenados nun único servidor adicado de ovh.com que se atopa físicamente en en Francia, dentro pois da Unión Europea.


9.- Consideracións específicas para a APP "Prográmame-UDIS" para iOS, ipadOS, Android, WatchOS e WearOS:
Tódalas consideracións feitas neste aviso legal, son tamén de aplicación ó uso de dos servizos de recursoseducativos.net na APP "Prográmame-UDIS" para smartphones, tablets e reloxos intelixentes. Tanto sexan con iOS, ipadOS, WatchOs Android ou WearOS.
Descarga únicamente a aplicación desde Google Play ou a App Store, segundo o caso. Ningunha versión da aplicación instalada fora destas tendas oficiais é xestionadad por recursoseducativos.net, polo que non nos facemos responsables do uso que se poida facer da mesma por terceiras persoas que modifiquen ou se fagan pasar pola aplicación oficial.

Permisos solicitados e concedidos ó usar a aplicación Prográmame-UDIS en smartphones, tablets e reloxos intelixentes:
Por usar a nosa aplicación oficial en calquera das plataformas sinaldadas, autorizas ou uso dos seguintes permisos, algúns deles de forma explícita e outros polo feito de ter instalada a aplicación. Sinalamos tamén o uso específico de cada unha delas:

  • Acceso a internet: Autorizado por instalar a app, é imprescindible para conectar a app cos servidores de recursoeducativos.net e facer que funcione a app.
  • Acceso ó almacenamento do dispositivo (dentro da APP): Autorizado por defecto para poder almacenar pequenos identificadores (números) que fan posible que funcione a aplicación. Tamén se almacena o nome de usuario e algúns nomes como cartafoles, grupos, etc... de modo temporal mentras se usa ese apartado.
  • Acceso ó almacenamento do dispositivo (fora da APP): Solicítase autorización adicional para acceder a determinados "lugares" de almacenamento do teu dispositivo, de xeito que podan ser accesibles para subir ou descargar arquivos desde ou cara a app. Se non se autoriza non se poderá usar o apartado "os meus arquivos" con esa funcionalidade pero si o resto da APP. Non se almancenan no dispositivo ningún destes novos arquivos xa que serán subidos ó servidor. Estando accesibles descargándoos do mesmo en cada caso que se precies.
  • Acceso á cámara e galería fotográfica: Solicítase autorización para usar a cámara e galería de imaxes, para poder usar o seu contido para cambiar o teu avatar de usuairo, as fotografías das fichas do alumnado ou engadilos ós teus arquivos. Se non se autoriza poderá usarse o resto da app pero sen estas funcionalidade. Non se almacenará no dispositivo ningunha destas imaxes xa que serán subidas ó servidor. Estando dispoñibles descargándoos cada vez que se precisan.
  • Acceso á localización e ubicación do dispositivo: Solicítase autorización para o uso da túa ubicación (localización do dispositvo en tempo real usando as redes de datos, wifi e localización por satélite - GPS ou análogo), recabando as coordenadas exactas e así poder amosar o pronóstico meterolóxico na axenda de anotacións. No caso de non autorizar esta localización poderá seguir usandose a axenda de anotacións, pero amosándose no lugar do pronóstico meteorolóxico un aviso informativo. Ningún dato de localización (coordenadas) son almacenadas no servidor, únicamente se empregan en tempo real para obter o pronóstico do tempo cada vez que se carga un día da axenda.
Non se envía desde a APP ó servidor de recursoseducativos.net (e viceversa) ningún dato alleo ós precisos para o funcionamento da aplicación.
Non se almacenan datos enviados desde a APP ó servidor de recursoseducativos.net alleos ós precisos para o funcionamento da aplicación.

Almacénase no servidor de recursoseducativos.net, de forma adicional, e asociado a cada usuario a data e hora do último acceso así como a versión da APP que se está a empregar nese momento, coa finalidade determinar posibles erros reportados polos usuarios e con finalidade estatítica. Estes datos son empregados a nivel interno polo creador da aplicación da web recursoseducativos.net, non sendo cedidos en ningún caso a terceiros.

Os permisos concedidos ou denegados, poden ser xestionados (autorizar ou denegar) desde o apartado configuración ou axustes do teu dispositivo en calquera momento, con independencia da decisión tomada ó ser consultado desde a APP.

Ningún dos datos enviados desde a aplicación ó servidor (servizo web de recursoseducativos.net) será empregado e entregado a terceiros, e só serán usados durante o uso da ferramenta tanto na versión web como na APP.



10.- Consideracións sobre o servizo de radio online:
O servizo de emisión de radios online ofrece únicamente unha canle de comunicación entre o software presente no equipo da radio escolar e o código embedido na páxina ou páxinas webs nas que se atope. Ofrécese este servizo previa solicitude expresa e tras verificar que se trata dunha radio escolar xa existente ou en proceso de creación.

O contido emitido nas emisoras de radio online é responsabilidade única e exclusiva dos creadores da mesma, figurando en cada reproductor o nome de referencia e unha ligazón obrigatoria ó sitio web de cada radio.

Recursoseducativos.net non almacena ningún tipo de contido emitido, xa que fai únicamente de "ponte" entre emisor e receptor, a través dos códigos web insertados en diferentes webs.

A radio denominada "recursoseducativos radio (test)", ten emisión continua de arquivos musicais catalogados como de "dominio público", que son emitidos con finalidade de amosar o funcionamento do servizo. Estes contidos foron descargados da web https://freepd.com.

O servizo de radio online emprega a tecnoloxía de WHMSonic con shoutcast 2.0.



11.- Publicación e difusión deste aviso legal:
As normas publicadas neste reglamento poderán modificar en calquera momento polo creador da web sendo comunicados ós cambios ós usuarios rexistrados que acepten o envío de boletíns de novidades por mail.
Estará sempre dispoñible tanto na web como desde a APP prográmame-UDIS.
O uso tanto da versión web como da APP dos servizos de recursoseducativos.net implica a aceptación desta normativa

 

A 22 de maio do ano 2018
(última actualización 18 de febreiro de 2022)


info@recursoseducativos.net

www.recursoseducativos.net
programame.abrir.gal

creada por Óscar Abilleira Muñiz - info@recursoseducativos.net
Aviso legal y condiciones de uso
Licencia de Creative Commons