inicio       acceso usuarios     GAL | CAST
avatar PROFESORADO
RECURSOS ONLINE

Axendas, calendarios, anecdotarios, letras móviles..
avatar ALUMNADO
RECURSOS ONLINE

Xogos online e aplicacións adaptadas para o alumnado.
CON REXISTRO
SERVICIOS ONLINE

Acceso directo ós servicios que precisan rexistro
REXÍSTRATE
PARA USALOS NA AULA

Para empregar algúns servizos rexístrate aquí.
AXUDA
PRECISAS AXUDA?

- Preguntas máis habituais
- Entra no foro de axuda
oscarabilleira.com
BLOG EDUCATIVO DO AUTOR

Podes visitar o meu blog educativo neste enderezo.
5830 USUARIOS REXISTRADOS CON CONTA ACTIVADA
PROFESORADO
ALUMNADO
CON REXISTRO
REXÍSTRATE
BLOG DO AUTOR
AXUDA
FORO



AVISO LEGAL E CONDICIÓNS DE USO DA WEB

www.recursoseducativos.net
www.programame.gal

 

1.- Finalidade e definicións:
A publicación web recursoseducativos.net (en diante recursoseducativos.net), entendendo como tal a todas e cada unha das páxinas que a constitúen, incluíndo o dominio alternativo www.programame.gal, ofrece os seus servizos de forma gratuita e non profesional, tendo como finalidade a publicacionde aplicacións informáticas que poidan ser empregadas libremente na práctica docente.. Ditas características fan que sexa considerada como
web de carácter persoal.
Os arquivos físicos que constitúen
recursoseducativos.net - www.programame.gal atópanse aloxados nun servidor dedicado albergado na empresa www.hosteurope.com.

2.- Xurisdicción e ambito territorial de aplicación:
Ao non poder establecerse o principio de territorialidad en Internet,
recursoseducativos.net comunica expresamente o seu sometimiento á lexislación e tribunais españois. Sendo considerado o emprazamento da web como España para todos os efectos. De acordo á LSSI, recursoseducativos.net asume e comprométese a cumprir o contido de devandita lei, tal como queda explicitado neste aviso legal. Deste xeito queremos ofrecer aos nosos visitantes as maiores garantías de seguridade e confianza posibles. Si é de aplicación a recursoseducativos.net a Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro sobre Protección de Datos de Carácter Persoal (en diante LOPD). (Ver apartado 7 do presente aviso legal).

3.- Datos identificativos:
Indícanse a continuación unha serie de datos que permiten a identificación inequívoca de recursoseducativos.net (de acordo ao indicado na LSSI).
- Nome: www.recursoseducativos.net
- Propietario/creador: Óscar Abilleira Muñiz
- NIF: xxxxxxxx  **
- e-mail de contacto: info@recursoseducativos.net
- Teléfono de contacto: * *

** Con finalidade de salvagardar certa información privada, estes datos deberán ser solicitados vía e-mail motivando suficientemente as causas da necesidade de coñecer os mesmos.

4.- Licenza CC e dereitos
Tódolos programas e aplicacións online dispoñibles na web recursoseducativos.net son gratuitos, podendo ser empregados libremente por terceiros. Quedan excluidas desta licenza as imaxes subidas polos usuarios a aplicacións como o diccionario, biblioteca ou revistas escolares, que son responsabilidade da persoa que as sube, podendo solicitarse a súa retirada comunicándoo a info@recursoseducativos.net

Licencia de Creative Commons
Recursoseducativos.net by Óscar Abilleira Muiñz is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.


5.- Limitación de responsabilidades:
A páxina web recursoseducativos.net non inclúe nos seus arquivos físicos ningún virus, troiano ou calquera outro programa susceptible de causar danos ou perjucios aos equipos informáticos dos usuarios. Así mesmo, tanto o servidor onde se atopa aloxada coma a web com implementaron medidas de seguridade para evitar hipotéticos danos, que actuacións de mala fe de terceiras persoas alleas completamente a esta web, puidesen causar aos usuarios ou nos equipos dos visitantes. En todo caso, nin
recursoseducativos.net nin os seus administradores poderán ser responsables dos danos que actos malintencionados de persoas alleas ao noso equipo, puedieran provocar nos equipos dos usuarios.
En virtude do artigo 11 da LSSI,
recursoseducativos.net colaborará coas autoridades competentes si tales danos alleos a nós chegasen a producirse.


6.- Funcionamento:
A web
recursoseducativos.net non pode garantir a continuidade do servizo en todo momento, polo que non se fai responsable de posibles problemas no servidor e/ou saturación da base de datos. En todo caso, intentarase solucionar os posibles fallos canto antes. recursoseducativos.net. non é responsable do uso que terceiros poidan facer da información pública da web nin os danos que estes poidan causar.


7.- Política de cookies e datos almacenados no navegador:
A web
recursoseducativos.net non emprega ningún tipo de cookies ou sistema de almacenamento "non técnico" polo que ningunha cookie de terceiros será instalada no navegador do visitante ó acceder ou usar os nosos servicios. Únicamente será almacenada unha cookie para lembrar que autorizaches o almacenamento de datos. Se ben almacenamos algúns datos a través do sistema "localStorage" no navegador, "de carácter técnico", unha vez accedes co teu usuario e contrasinal; estes datos son imprescidibles para o uso de certas aplicacións para o que se solicita o consentimento informado durante o primeiro acceso á web.

Entendemos que unha vez introduces o teu usuario e contrasinal autorizas que se almacenen este tipo de datos. Podes eliminar estes arquivos borrando os arquivos temporais do teu navegador. Os datos de sesión (usuario e contrasinal) almacénanse só ata que se pecha o navegador ou se cerra sesión, os restantes permancerán almacenados para o uso da aplicación no seguinte acceso e tal como comentamos poden eliminarse eliminando os arquivos temporais do navegador. O premer "acepto", no aviso, ou ó acceder co teu usuario e contrasinal, autorizas que se almacenen estes datos no teu navegador.

En cumplimento da lexislación vixente ó respecto, se ben este tipo de almacenamento de datos técnicos almacenados están exentos da mesma, co fin de facer o seu uso tamén transparente para os usuarios incluímos de igual modo este aviso na web.



8.- En canto á lei de protección de datos persoais:
Os datos de carácter persoal introducidos en recursoseducativos.net, ou nalgunha das súas aplicacións, só son accesibles para o usuario rexistrado que as introduciu, non sendo públicos en ningún caso. O usuario é o responsable úlitmo dos datos persoais introducidos, en especial daquelas relacionados co seu alumnado, entendéndose que cando o introduce coñece e conta coa autorización das familias tal como contempla a lei de protección de datos e os protocolos correspondentes.

Durante o rexistro únicamente se pide un nome de usuario, un contrasinal e un correo. Posteriormente podes completar, se o desexas outros datos persoais, en ningún caso son púlicos e nunca serán empregados para calquera outra actividade fora de recursoseducativos.net e as súas aplicacións. Estes datos poden ser borrados e moficiados en calquera momento polo usuario rexistrado desde o seu perfil.


As normas publicadas neste reglamento poderán modificar en calquera momento polo creador da web.

 

A 4 de xuño do ano 2017 (última actualización)

info@recursoseducativos.net

www.recursoseducativos.net
www.programame.gal

creada por Óscar Abilleira Muñiz - info@recursoseducativos.net
Aviso legal e condicións de emprego