9.5 - Xestión de equipos cooperativos
Lembra que tamén podes xestionar os equipos na APP para smartphones, tablets.
Podes xestionar os equipos cooperativos que teñas na túa aula desde a opción correspondente en alumnado e grupos, os equipos cooperativos que crees quedarán asociados a un grupo e un cartafol. Deste xeito poderás ter equipos cooperativos diferentes para cada grupo de alumnos nos diferentes cartafoles que teñas.
Desde esta opción poderás:
- Crear tantos equipos como precises para cada un dos grupos e en cada undos cartafoles de forma independente.
- Cambiar o nome dos diferentes equipos.
- Distribuír ó alumnado entre os diferentes equipos.
- Sacar a un alumno/a dun equipo para metelo noutro diferente.
- Asignar un cargo a cada un dos integrantes de cada equipo.
- Borrar un equipo sacando automaticamente a tódolos integrantes do mesmo.
O alumno que vaias asignado a un grupo irá desaparecendo da lista de dispoñibles e viceversa.
Descobre as diferentes opcións e modo de funcionamento no gráfico seguinte:
- Cambia o nome do equipo, preme gardar para almacenar os cambios. Escribe "borrar" (e pulsa gadar) para eliminar este equipo e "sacar fora a tódolos integrantes)
- Escolle entre os teus grupos.
- Crea un novo equipo cooperativo no grupo elexido e no cartafol actual de traballo.
- "X": pulsa o "X" para sacar ó alumno do grupo, aparecerá la lista inferior de alumnos/as non asignados.
- "Cargo": amosa/oculta a caixa para introducir o cargo do alumno/a.
- Na parte inferior amósanse os alumnos/as que non están aínda asignados a ningún
equipo. - Escolle no despregable a que equipo queres "mover" a cada alumno/a, desaparecerá da lista en canto o metas dentro dalgún equipo.
Se ben o seguinte vídeo amosa o anterior deseño a funcionalidade explicada é a mesma:



