8.3 - Establecer o número de sesións para cada día e o horario das sesións, copiar horas e mover semana de cartafol
Para cada cartafol deberás indicar o número de sesións que terán lugar diariamente en cada semana. Por defecto ven marcado como 5 sesións.
O diario de clase acepta como máximo 5 días á semana e entre 5 e 10 sesións (horas) aplicables a tódalas semanas do cartafol. Podes introducir tantos elementos como queiras en cada sesión.
Podes cambiar o número de sesións na parte inferior da táboa así como mover a semana a outro dos cartafoles que teñas, ou copiar as hora doutro cartafoles.
Establecer o horario de cada sesión:
Para indicar o horario de cada sesión deberás facelo en calquera das semanas, por exemplo na de plantilla. Calquera cambio que fagas no horario dunha semana afectará a tódalas semanas do cartafol. Se sinalas en observación 'horario' ou 'hora de ler', será amosado dunha cor diferente na semana.
Copiar o horario dun cartafol diferente:
Para copiar o horairo do diario doutro cartafol, por exemplo curso anterior, podes usar a opción dispoñible na parte inferior.
Se ben o seguinte vídeo amosa o anterior deseño a funcionalidade explicada é a mesma:
Mover unha semana a outro cartafol:
Podes mover a semana a outro cartafol usando a opción dispoñible na parte inferior. Neste caso respectará o número de sesións establecido no cartafol de destino, non amosándose aquelas non visible ata que se cambie o número de sesións do cartafol.
Se ben o seguinte vídeo amosa o anterior deseño a funcionalidade explicada é a mesma:






