1.1.3 - Sección diario de clase
No apartado de - Diario de clase - podes facer todo isto:
Podes cambiar a orientación en modo horizonal ou vertical para acomodar a visualización á túa preferencia.
Desde a versión 3.1.158, en modo vertical (smartphones) desplaza o diario (auto-scroll), de forma automática, ata o día que se corresponda coa data actual.
Podes voltar á parte superior, cando o desexes, usando as frechas que atoparás ó lado do nome do día.
Desde a versión 3.1.186, ao pulsar sobre a información da data (calenario, axenda...) abrirase nunha ventana nova para poder ler o seu contido completo.
Accedendo a cada exercicio ou sesión sen clase, poderás modificar o seu coantido e acceder a unha serie de funcionalidades:
Desde a versión 3.1.124 o diario de clase amósase con cambios estéticos que o fan máis funcional, permitindo engadir directamente en cada día e sesión, actividades e exercicios (ademais de poder facelo no botón engadir)
Icona indentificativa en cada elemento:
Desde a versión 3.1.159 pode incluírse unha icona identificativa en cada un dos elementos introducidos, esta pode ser indicada manualmente ou de modo automático, sempre e cando o texto do exercicio/sen clase inclúa certos termos concretos, tal como se sinala ó final deste documento.
a) Iconas de modo manual:
Entrando en cada exercicio/sen clase, poderás decidir que icona asignarlle. Escollendo a opción destacar, etiquetas e icona-. Ten en conta que se aínda que teñas activado o sistema automático de iconas, as marcadas manualmente prevalecerán sobre elas, agás no caso daquelas nas que se inclúa o termo garda. (ver apartado do manual específico ó respecto.
b) Iconas de modo automático:
Tal como se sinalou, segundo o texto do exercicio/sen sen clase amosarase unha icona identificativa (podes ver os termos de referencia ó final deste documento)
Podes activar ou desactivar esta opción de -iconas automáticas- no apartado configuración da APP. Por defecto aparecerá marcado como activado.
Lista de termos recoñecidos para o sistema automático de iconas:
De seguido podes atopar un listado dos termos recoñecidos para amosar as iconas. No caso de non ser ningún deles incluirase unha icona xenérica, sempre e cando a opción no se atope desactivada no apartado configuración da APP.
Orde de prioridade na asignación de iconas:
Á hora de asignar unha icona a un elemento do diario de clase (sen clase ou exercicio), tense en conta conta a seguinte orde de prioridade:
- Iconas automáticas de garda, que non poden ser reemplazadas en ningún caso se son detectadas, aínda que esta desactivada a visualiación das iconas automáticas.
- Iconas marcadas manualmente, reemplazarán as automáticas, agás gardas, en calquera caso. Con independencia de que estea ou non activado o sistema de iconas automáticas.
- Iconas automáticas, agás gardas, se está activado o sistema de visualización de iconas automáticas e non hai ningunha icona manual escollida
- Sen ningunha icona: se non se corresponden con ningunha automática nin foi marcada manualmente.


