inicio       acceso usuarios     GAL | CAST
inicio       acceso usuarios     GAL | CAST

4 - Ver a votación e conseguir a URL pública: copiar url e código QR

Para conseguir a URL pública da votación tan só tes que premer no botón “ver votación” dentro do apartado “as miñas votacións”

 

A nova ventá que se abrirá e a votación pública, na que se pode votar. Podes copiar a url na barra do navegador, ou empregando o botón que aparece ao final da páxina da votación.

 

A URL quedará copiada e poderás pegala para crear un acceso directo.

Podes empregar a aplicación “os meus acurtadores abrir.gal”, para crear un enderezo  máis curto como “votacion-animais.abrir.gal” que enlace coa url que copiaches.

Tamén podes usar o código QR que aparece, que levará a esa votación en concreto. Facendo click sobre el poderás velo en maior tamaño.