1 - Que é recursoseducativos GNU/Linux
A distribución recursoseducativos GNU/Linux é un sistema operativo libre e gratuíto para centros educativos, alumnado e profesorado, baseado en Debian 13 «trixie» e co escritorio KDE Plasma 6.
- Vén en galego (tamén se pode usar en castelán ou inglés).
- Ao instalalo escolles as etapas que precisas: Infantil, Primaria, Secundaria e Profesorado. Cada etapa engade os seus programas educativos.
- Inclúe as Aplicacións da web de recursoseducativos.net, asistentes para AutoFirma, Euro-Office e o correo edu.xunta.gal, e actualizacións automáticas.
- Hai dúas versións: PC (amd64, equipos con Intel ou AMD) e Mac (arm64, para Mac con Apple Silicon mediante Parallels).
Requisitos e descarga
Descarga a ISO da túa versión e comproba que chegou enteira antes de usala.
|
Versión |
Ficheiro |
Para |
|---|---|---|
|
PC |
|
Ordenadores con Intel ou AMD (con UEFI ou BIOS antiga) |
|
Mac |
|
Mac con Apple Silicon (M1 ou posterior), dentro de Parallels Desktop |
Requisitos mínimos recomendados: 4 GB de memoria (8 GB mellor), 50 GB de disco e conexión a Internet durante a instalación. A ISO ocupa uns 3 GB.
Comprobar a descarga. Xunto á ISO hai un ficheiro .sha256. Calcula a suma e compara: ten que ser idéntica.
- Windows (PowerShell):
Get-FileHash .\recursoseducativos-gnulinux--amd64.iso - Mac ou Linux (Terminal):
shasum -a 256 recursoseducativos-gnulinux--arm64.iso
Podes descargala desde o menú de aplicacións, ou directamente desde aquí



