inicioacceso usuarios/asGALCAST
.
inicioacceso usuarios/asGALCAST
← Volver a Distribución Recursoseducativos GNU-Linux | Manuais de axuda

1 - Que é recursoseducativos GNU/Linux

A distribución recursoseducativos GNU/Linux é un sistema operativo libre e gratuíto para centros educativos, alumnado e profesorado, baseado en Debian 13 «trixie» e co escritorio KDE Plasma 6.

  • Vén en galego (tamén se pode usar en castelán ou inglés).
  • Ao instalalo escolles as etapas que precisas: Infantil, Primaria, Secundaria e Profesorado. Cada etapa engade os seus programas educativos.
  • Inclúe as Aplicacións da web de recursoseducativos.net, asistentes para AutoFirma, Euro-Office e o correo edu.xunta.gal, e actualizacións automáticas.
  • Hai dúas versións: PC (amd64, equipos con Intel ou AMD) e Mac (arm64, para Mac con Apple Silicon mediante Parallels).

Requisitos e descarga

Descarga a ISO da túa versión e comproba que chegou enteira antes de usala.

Versión

Ficheiro

Para

PC

recursoseducativos-gnulinux--amd64.iso

Ordenadores con Intel ou AMD (con UEFI ou BIOS antiga)

Mac

recursoseducativos-gnulinux--arm64.iso

Mac con Apple Silicon (M1 ou posterior), dentro de Parallels Desktop

Requisitos mínimos recomendados: 4 GB de memoria (8 GB mellor), 50 GB de disco e conexión a Internet durante a instalación. A ISO ocupa uns 3 GB.

Comprobar a descarga. Xunto á ISO hai un ficheiro .sha256. Calcula a suma e compara: ten que ser idéntica.

  • Windows (PowerShell): Get-FileHash .\recursoseducativos-gnulinux--amd64.iso
  • Mac ou Linux (Terminal): shasum -a 256 recursoseducativos-gnulinux--arm64.iso

Podes descargala desde o menú de aplicacións, ou directamente desde aquí