inicioacceso usuarios/asGALCAST
.
inicioacceso usuarios/asGALCAST
← Volver a Boletíns de novidades e anuncios | Manuais de axuda

Descobre o "Buscador lexislativo", un novo servizo de recursoseducativos.net

Xa podes acceder, desde o menú superior, ao novo servizo «Buscador lexislativo», coa normativa educativa de Galicia.

Buscar a normativa que regula a avaliación, o calendario escolar ou a atención á diversidade adoita levar tempo: boletíns distintos, normas modificadas, outras derrogadas… Este novo apartado de recursoseducativos.net reúne a normativa educativa que afecta a Galicia, actualizada todos os días.

Que atoparás no buscador?

O buscador recolle a normativa publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), a normativa estatal do Boletín Oficial do Estado (BOE) e as normas e instrucións que a Consellería recolle na súa guía de normativa. Cada norma ten un resumo do que regula e a quen afecta, e unha ligazón directa á súa publicación oficial.

Como funciona?

  • Busca ao momento por palabras, polo número da norma ou mesmo dentro do texto dos artigos.
  • Só a normativa vixente: por defecto agóchanse as normas derrogadas e as que só valían para un curso xa rematado.
  • Filtra por etapa (Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato), por tema (currículo e avaliación, profesorado, convivencia, formación profesional…), por tipo de norma ou pola súa orixe.
  • Derrogacións e modificacións: cada norma indica que outras normas a cambiaron ou a derrogaron e, cun clic, amosa o artigo exacto onde se fai.
  • Normas relacionadas: desde unha norma chégase ás que tratan o mesmo tema, por exemplo o decreto de currículo e a orde que o desenvolve.
  • Novidades: as normas que entraron ou cambiaron nos últimos 30 días.
  • Compartir unha busca: copia unha ligazón coa busca e os filtros escollidos para envialos ao claustro ou ao equipo de ciclo.

Sempre ao día

Cada día revísanse os boletíns oficiais e incorpórase a nova normativa educativa. As convocatorias, bolsas, axudas e nomeamentos non se inclúen, porque non son normativa.

Consulta o manual de axuda na seguinte ligazón:

https://www.recursoseducativos.net/Help-Desk/article/category/buscador-lexislativo

 

Reitero o meu agradecemento aos integrantes do Equipo de Colaboradores, que fan posible que a web e os seus servizos sigan adiante. Podes facerte colaborador, e coñecer as vantaxes de selo aquí

🧑‍🤝‍🧑 Únete ao equipo de colaboradores e contribúe no mantemento dos servizos gratuitos e sen publicidade de recursoseducativos.net. Podes facelo no teu perfil de usuario/a ou desde aquí

📰 Lembra que podes consultar os boletíns de novas enviados aquí.

 ❓ Para calquera dúbida ou comentario podes enviar un correo electrónico a info@recursoseducativos.net, facelo no grupo de Telegram ou consultar o “Centro de axuda e soporte” desde aquí

📱 Tamén podes unirte ó grupo de recursoseducativos - prográmame-udis en Telegram, na seguinte ligazón, para manter un contacto directo e deixar as túas dúbidas e suxerencias: https://t.me/recursoseducativosnet