inicio       acceso usuarios     GAL | CAST
inicio       acceso usuarios     GAL | CAST

2 - Modificar unha votación xa creada, abrir/pechar, elimínala e ver os resultados.

Unha vez creada unha votación, tal como se explicou no capítulo anterior deste manual, verás como aparece listada, xunto as demais que teñas creadas na parte inferior.

En cada votación creada poderás:

  • Abrir ou pechar a votación: Se está aberta os visitantes poderán votar. Se está pechada amosaranse os resultados da votación.
  • Códigos: permite obter os códigos únicos cos que os usuarios/as poderán participar na votación. Ver apartado correspondente neste mesmo manual.
  • Editar a votación: Modifica toda a votación creada.
  • Eliminar a votación: Previa confirmación permite borrar a votación creada. É irreversible.
  • Ver votación: Abre a votación “pública”. Nela poderás obter tamén a url pública. Esa ventá que se abre é que deberán usar os “votantes”.
  • Ver resultados: amosa os resultados da votación en tempo real.