3 - Conseguir os códigos para os votantes
Para poder participar na votación, os votantes deberán introducir un código dun só uso que, unha vez usado non pode voltar a empregarse.
Podes xerar tantos códigos de votación como precises, e imprimilos no botón correspondente.
Ten en conta que os códigos son únicos para cada votación e non poden ser empregados noutra.
Tan só debes indicar cantos códigos queres xerar…e se precisas máis no futuro engadir un novo número. Os novos códigos xerados serán amosados xunto aos anteriores.
Aqueles códigos xa usados na votación, desparecerán da lista que se amosa ao premer “ver e imprimir códigos”

