inicioacceso usuarios/asGALCAST
.
inicioacceso usuarios/asGALCAST
← Volver a Boletíns de novidades e anuncios | Manuais de axuda

Boletín de novidades do 20 de novembro de 2026 en recursoseducativos.net

Estas son as últimas novidades das diferentes aplicacións de recursoseducativos.net, incluída prográmame-UDIS:

Antes de nada reitero o meu agradecemento aos integrantes do Equipo de Colaboradores, que fan posible que a web e os seus servizos sigan adiante. Podes facerte colaborador, e coñecer as vantaxes de selo aquí

En recursoseducativos.net:

Control de ruido na aula:

Nova aplicación, que permite controlar dun modo visual o ruido da aula, con diferentes personaxes, escenas e funciones.

 

O meu escritorio;:

Nova aplicación coa que podes crear o teu propio escritorio, coma o dun ordenador, e úsao a pantalla completa no encerado dixital da aula. Pon nel as túas aplicacións de recursoseducativos.net, calquera ligazón, imaxes e cartafoles para ordenalo todo, e colócao arrastrando as iconas. Escolle o fondo, comparte o escritorio co alumnado cunha ligazón e, se queres, protéxeo cun PIN.

 

Calendario de aula:

  • Podes engadir e xestionar iconas de eventos personalizadas, ademais das que aparecen por defecto
  • Melloras estéticas en certos apartados.

 

Xestión do alumnado e grupos:

  • Podes subir un pdf coa lista de alumnos, coa estructura indicada para crear un grupo a partir del. (Tamén dispoñible na app na última versión)
  • Engadido acceso para ver as cualificacións das probas H5P de cada alumno
  • Mellora na seguridade de xeración dos códigos QR do alumnado (os anteriores seguen funcionando pero os novos son xerados con maior seguridade)

 

Panel de ligazóns:

  • Podes crear categorías e arrastrar ligazóns
  • Podes engadir ao panel “láminas con imaxes” que poden amosarse en grande, con ou sen ligazón adicional.

 

Creador de Actividades H5P:

  • Melloras e axustes no uso das actividades: Os agrupamentos en columnas, libros e presentacións son agora máis intuitivos
  • No banco da comunidade, xa podes “crear unha copia” das actividades compartidas, que aparecerán “nas túas actividades
  • Nas “miñas actividades” podes organizarlas en cartafoles.

 

Xerador de códigos QR

  • Agora podes engadir unha imaxe para incluír no centro do código xerado.

 

Prográmame-udis:

  • No caderno do docente, cando creas unha proba e escolles cualificala con “rúbrica”, tes a opción de creala con Intelixencia Artificial, indicando que queres avaliar na proba (do mesmo modo que se fai na avaliación das UD-UDI)
  • No caderno docente  podes engadir como “proba” (sen modo edición) os resultados dalgunha actividade h5p que teñas nas tuas actividades. Automáticamente aparecerán as cualificacións do alumnado que a fixo.
  • No diario clase ao duplicar sesións copianse tamén as etiquetas.
  • No diario de clase  xa podes usar a Intelixencia Artificial para escoller criterios e contidos, nas sesións engadidas manualmente (as que se engaden desde UDI xa os teñen marcaos da propia UD-UDI)

 

App iOS e Android:

  • Actuación gradual en en Google Play e na AppStore da app... en canto estea toda a reconstrución da app dispoñible será indicado nun boletín coma este. Ata entón podes ir instalando as sucesivas actualizacións.

 

🧑‍🤝‍🧑 Únete ao equipo de colaboradores e contribúe no mantemento dos servizos gratuitos e sen publicidade de recursoseducativos.net. Podes facelo no teu perfil de usuario/a ou desde aquí

📰 Lembra que podes consultar os boletíns de novas enviados aquí.

 ❓ Para calquera dúbida ou comentario podes enviar un correo electrónico a info@recursoseducativos.net, facelo no grupo de Telegram ou consultar o “Centro de axuda e soporte” desde aquí

📱 Tamén podes unirte ó grupo de recursoseducativos - prográmame-udis en Telegram, na seguinte ligazón, para manter un contacto directo e deixar as túas dúbidas e suxerencias: https://t.me/recursoseducativosnet