9 - Actualizacións
O sistema actualízase desde Discover (o centro de software): cando hai novidades aparece un aviso na barra inferior. Preme nel e despois Actualizar todo. Premendo en recargar forzas que se busquen actualizacións, se ben son automáticas.
- Os programas de Debian, os de recursoseducativos e os de Flathub actualízanse xuntos.
- As Aplicacións da web non precisan actualización: cárganse sempre desde a web.
- Cando saía unha versión nova importante do sistema, un aviso explicará como pasar a ela.
Se prefires o terminal: sudo apt update && sudo apt full-upgrade.



