6 - Consideracións técnicas e limitacións de funcionamento nos navegadores web
Este aplicación emprega o sistema integrado nos navegadores de -lectura de texto a voz- polo que segundo o navegador e versión do sistema operativo, a reprodución do audio das frases, palabras ou sílabas empregará a voz e sistema de decodificación propio de cada navegador. Proba nos que teñas dispoñibles para elexir o que máis che guste.
Este sistema de recoñecemento, interno ós diferentes navegadores e Sistemas Operativos, actualízase constantemente, polo cal é moi importante manter actualizados á última versión, se é que atopas algún problema, tanto o navegador como o sistema operativo do teu ordenador.
Ten en conta as indicacións que se sinalan a continuación:
Que sistema operativo podo usar?:
Debido ó uso de ferramentas internas, propios do sistema operativo e navegador, para a reprodución dalgúns sons, é posible que se non contas cunha versión actualizada do Sistema operativo do teu navegador, non escoites correctamente tódolos audios.
No caso e detectar algún problema coa versión do teu sistema operativo verás aparecer un aviso incándoo, cando inicies a aplicación.
Ten en conta as seguientes consideracións:
- Windows: debes usar unha versión 10 ou superior, Con versións anteriores é posible que non se reproduza correctamente tódolos audios (en especial canto mais antiga sexa)
- MacOS: Calquera das versións son compatibles.
- GNU-Linux: Calquera das distribucións (actuais) son compatibles, pero debe ter instalado sistema de recoñecemento de texto a voz (text-to-speach) no navegador que se use.
- Maqueta Abalar - Edixgal (GNU-Linux) e Maqueta Abalar Libre (GNU-Linux): Funciona correctamente usando como navegador Chrome / Chromiun, non funciona usando firefox.
Ter a reprodución de audio activada no navegador:
Se usas o navegador Mozilla firefox posiblemente vexas aparecer este aviso, a primeira vez que entres, para desbloquear a reprodución automática de audio e así permitir que funcion e aplicación. Tan só tes que seguir as instrucións que se indican para habilitala, ou empregar outro navegador como Chrome, Edge ou Safari.

Unha vez habilitado non voltará a amosarse este aviso.