logo
  • Inicio
  • Manuais de axuda
  • Contactar
  • Voltar á web

Centro de soporte e axuda

6 - Consideracións técnicas e limitacións de funcionamento nos navegadores web

  1. Inicio
  2. Manual de axuda
  3. Resto de aplicacións: Escoitar e xogar
  1. Actualizado o 24/03/22 - 06:11 horas
  2. Descargar en pdf

Este aplicación emprega o sistema integrado nos navegadores de -lectura de texto a voz- polo que segundo o navegador e versión do sistema operativo, a reprodución do audio das frases, palabras ou sílabas empregará a voz e sistema de decodificación propio de cada navegador. Proba nos que teñas dispoñibles para elexir o que máis che guste.

Este sistema de recoñecemento, interno ós diferentes navegadores e Sistemas Operativos, actualízase constantemente, polo cal é  moi importante manter actualizados á última versión, se é que atopas algún problema, tanto o navegador como o sistema operativo do teu ordenador.

Ten en conta as indicacións que se sinalan a continuación:

      

Que sistema operativo podo usar?:

Debido ó uso de ferramentas internas, propios do sistema operativo e navegador, para a reprodución dalgúns sons, é posible que se  non contas  cunha versión actualizada do Sistema operativo do teu navegador, non escoites correctamente tódolos audios. 

No caso e detectar algún problema coa versión do teu sistema operativo verás aparecer un aviso incándoo, cando inicies a aplicación.

Ten en conta as seguientes consideracións:

  • Windows: debes usar unha versión 10 ou superior,  Con versións anteriores é posible que non se reproduza correctamente tódolos audios (en especial canto mais antiga sexa)
  • MacOS: Calquera das versións son compatibles.
  • GNU-Linux: Calquera das distribucións (actuais) son compatibles, pero debe ter instalado sistema de recoñecemento de texto a voz (text-to-speach) no navegador que se use.
  • Maqueta Abalar - Edixgal (GNU-Linux) e Maqueta Abalar Libre (GNU-Linux): Funciona correctamente usando como navegador Chrome / Chromiun, non funciona usando firefox.

   

Ter a reprodución de audio activada no navegador:

Se usas o navegador Mozilla firefox posiblemente vexas aparecer este aviso, a primeira vez que entres, para desbloquear a reprodución automática de audio e así permitir que funcion e aplicación. Tan só tes que seguir as instrucións que se indican para habilitala, ou empregar outro navegador como Chrome, Edge ou Safari.


Unha vez habilitado non voltará a amosarse este aviso.



    • Resto de aplicacións: Escoitar e xogar
    • 1 - Escoitar e xogar
    • 2 - Estructura e elementos dos xogos
    • 3 - Usar as listas de palabras/frases ou as túas palabras/frases
    • 4 - Uso do modo aleatorio
    • 5 - Onde atopo as instrucións de cada xogo?
    • 6 - Consideracións técnicas e limitacións de funcionamento nos navegadores web
    • 7 - Agradecementos
  • #recusoseducativos
  • Canle en Telegram
© www.recursoseducativos.net | programame.abrir.gal