inicioacceso usuarios/asGALCAST
.

6 - Borrar unha ligazón, categoría ou o panel completo

Podes borrar tanto as ligazóns de modo individual como o panel de ligazóns completo (sempre que se atope valeiro), do mesmo xeito tamén podes borrar categorías.

TEN EN CONTA QUE NOS TRE CASOS CASOS É UN PROCESO IRREVERSIBLE, polo o que se solicita confirmación de borrado..

 

Borrar unha ligazón:

Tan só debes premer no botón de borrar, dispoñible en cada ligazón, cando entras a editalo. Se o empregas, recibirás unha pregunta para confirmar que queres borralo.


 

  

Borrar unha categoría:

Podes borrar unha categoría premendo na "X" ao lado do seu título (se ten ligazóns serán movidas á zona de ligazóns sen categoría.

 

 

Borrar o panel completo:

Cando borras o panel completo, estás eliminando tódalas ligazóns que contén, polo que se solicita confirmación de borrado, xa que é un proceso irreversible.

A opción de borrar todo o panel, "borrar este panel" podes atopala na parte inferior do panel de ligazóns en cuestión. identificada en cor vermella.

Para borrar o panel completo,  para evitar borrados accidentais, este deberá esar valeiro, é dicir non pode conter ningunha ligazón (no caso de tentar borralo contendo ligazóns no seu intererior recibirase un aviso ao respecto).