3 - Como o instalo: Así é o instalador
Nos seguintes subapartados, ven explicado diferentes formas de instalar esta distribución, segundo o equipo que teñas ou como queiras facelo. Unha vez iniciada a instalación, sexa do modo que sexa o instalador é sempre o mesmo.
Así é o instalador:
O instalador está en galego e guíate en poucos pasos; a instalación leva entre 10 e 30 minutos segundo o equipo e a conexión.
- Idioma: galego, castelán ou inglés.
- Localización e teclado: véñen postos (Madrid, teclado español).
- Etapas educativas: marca as que precisas. Podes marcar varias ou ningunha.
- Particións: Borrar o disco, Instalar xunto a outro sistema, ou un USB (ver as seccións anteriores).
- Usuario: o teu nome, o nome de usuario e o contrasinal.
- Resumo: revisa e preme Instalar.
|
Etapa |
Que engade |
|---|---|
|
Infantil |
Xogos e actividades para as primeiras idades |
|
Primaria |
Programas de lectura, matemáticas, ciencias e programación por bloques |
|
Secundaria |
Ciencias, matemáticas, programación e ferramentas de estudo |
|
Profesorado |
Ferramentas para preparar clases, avaliar e organizarse |
Algúns programas descárganse de Flathub uns minutos despois do primeiro inicio: un aviso indica cando están listos. Se máis adiante precisas outra etapa, usa o asistente Engadir etapas.


