inicioacceso usuarios/asGALCAST
.
inicioacceso usuarios/asGALCAST
← Volver a Distribución Recursoseducativos GNU-Linux | Manuais de axuda

3 - O instalador

O instalador está en galego e guíate en poucos pasos; a instalación leva entre 10 e 30 minutos segundo o equipo e a conexión.

  1. Idioma: galego, castelán ou inglés.
  2. Localización e teclado: véñen postos (Madrid, teclado español).
  3. Etapas educativas: marca as que precisas. Podes marcar varias ou ningunha.
  4. Particións: Borrar o disco, Instalar xunto a outro sistema, ou un USB (ver as seccións anteriores).
  5. Usuario: o teu nome, o nome de usuario e o contrasinal.
  6. Resumo: revisa e preme Instalar.

Etapa

Que engade

Infantil

Xogos e actividades para as primeiras idades

Primaria

Programas de lectura, matemáticas, ciencias e programación por bloques

Secundaria

Ciencias, matemáticas, programación e ferramentas de estudo

Profesorado

Ferramentas para preparar clases, avaliar e organizarse

Algúns programas descárganse de Flathub uns minutos despois do primeiro inicio: un aviso indica cando están listos. Se máis adiante precisas outra etapa, usa o asistente Engadir etapas.