3 - Editar unha ligazón: cambiar texto, url, cor, tamaños dispoñibles e orde das ligazóns
Cada ligazón engadida pode ser modificada tantas veces como consideres, de modo individual. Tan só tes que premer na icona de edición (lapis) para expandir a caixa de edición.
Nela podes cambiar ademais da url e o texto, a cor da caixa de ligazón e o tamaño a mesma. Asemade tamén poderás modificar o número de orde da ligazón e engadir unha imaxe de fondo.
Tamaños dispoñibles:
En cada ligazón que engadas poderás optar por tres tamaños, que sempre podes cambiar editando dita ligazón:
- Pequeno: cadrado sinxelo coa ligazón
- Longo: rectángulo do dobre de longo que o pequeno.
- Grande: cadado do dobre de longo e o dobre de ancho do pequeno.
Podes tamen cambiar o tamaño "arrastando" desde a esquina da caixa da ligazón.
Cambiar a orde das ligazóns:
Podes cambiar a orde da ligazón arrastrándoa á posición que queiras, incluso movéndoa entre categorías, no caso de existir.





