2 - Como funciona?: subir, borrar e editar arquivos. Como crear cartafoles?
Este servizo permite almacenar documentos de diferentes tipos dunha forma moi doada e cun fácil acceso posterior ós mesmos, ben desde a propia aplicación web ou desde a APP para dispositivos móbiles (smartphones e tablets).
Lembra que tamén tes un acceso directo desde o menú - as miñas aplicacións ou podes usalo desde a APP para dispositivos móbiles (iOS e Android)
Os arquivos que podes subir á aplicación son os que teñan formato de imaxe (jpg, png), pdf, zip, rar, odt, doc e docx, e poderás facelo desde a aplicación web ou desde a APP para dispositivos móbiles e tablets, empregando a cámara, galería do dispositivo ou cartafol de arquivos.
Contarás con 100Mb de espazo para almacenar os arquivos que desexes (espazo limitado polo custo de manter o servidor, se precisas máis espazo contacta con info@recursoseducativos.net).
Os diferentes arquivos que subas, quedarán asociados ao teu usuario e non ós cartafoles que teñas creados en prográmame-udis, polo que con independencia do cartafol escollido na aplicación prográmame-udis, poderás acceder sempre ós arquivos que teñas subidos.
Podes crear tantos cartafoles, coas cores e iconas que queiras, e subcartafoles para meter os teus arquivos, que poderás mover dun ao outro.
Non confundas o cartafol de traballo de prográmame, cos cartafoles para arquivos, que poidas crear neste apartado. O cartafol de traballo de prográmame non afecta para nada ó apartado arquivos.
Tamén poderás xestionar o propio cartafol, cambiándolle o nome ou borrándoo. Só podes borrar un cartafol se está valeiro, por seguridade.
Para ediar o nome, as cores ou borrar mantén pulsado no caso da app ou usa o botón dereito na web para ver o menú contextual
Na APP para smartphones e tablets, tamén podes traballar e xestionar os teus arquivos e usar estas mesmas opcións. Nese caso empregando a cámara, galería ou arquivos gardados para poder subilos.
Os arquivos que subas desde a web ou desde a APP estarán sempre sincronizados para o mesmo usuario, é dicir se borras un nun lugar desaparecerá no outro e, do mesmo xeito, se o sobes nun lugar aparecerá no outro.
O funcionamento desde a App é exactamente igual á versión web, podendo mover arquivos, crear cartafoles, etc...




