2.2 - Engadir e xestionar as ligazóns. Engadir ocos en branco.
Podes engadir calquera tipo de URL (ligazón), premendo no botón "enagadir ligazón", no final do propio panel.
Na nova caixa que se abre tes que introducir:
- A url (ligazón web) que se abrirá.
- O texto que aparecerá na caixa da ligazón
- Tamaño da caixa (por defecto pequeno), podes escoller no despregable.
- Cor da caixa da ligazón (por defecto branco), podes escoller outro premendo no botón coa cor.
Ten en conta que para que sexa aberta correctamente debe comezar sempre por http:// ou https://
No caso de que queiras introducir unha conta de correo electrónico, para que sexa recoñecida como tal debes comezala por mailto: (por exemplo info@oscarabilleira.com)
Borrar unha ligazón:
Unha vez gardada a ligazón, alomenos unha vez, poderás borrala usando o botón correspondente dentro dela.
Engadir ocos en branco:
Podes tamén engadir tantos ocos en branco como precises, para deixar espacio entre as ligazóns.






