1.1 - Onde podo usar Intelixencia artificial?
Actualmente Prográmame-UDIS, tanto na súa versión web como na APP soporta o uso de Intelixencia artificial de OpenAI · ChatGPT, nos seguintes aspectos:
- Crear unha UDI ou unha UD completa a partir dun título e dunha descrición.
- Marcar os criterios de avaliación dunha actividade.
- Marcar os contidos dun exercicio.
- «Avaliar coa IA»: propor criterios, instrumentos, mínimos e rúbricas para os aspectos que queiras valorar.
- Completar os niveis baleiros da rúbrica dun criterio nunha UD-UDI.
- Redactar os niveis A, B, C e D da rúbrica dunha proba no caderno do docente, a partir do que indiques que se avalía.
Ten en conta que os usuarios e usuarias "normais" teñen limitado o uso da IA a 5 veces por por día (reiníciase as 00:00 horas), polo custo que supón o uso desta ferramenta de forma masiva. Pola contra os colaboradores da web teñen uso ilimitado da mesma.
Podes ver cantos usos che quedan en cada xornada no aviso da parte superior da aplicación web, ou na portada da APP para smartphones e tabletas.




