1.4 - Os alumnos/as rexistran os libros que levan para casa (versión web)
Cando un neno/a teña xa elexido o seu libro chega a momento de facer o rexistro do mesmo (preferiblemente por parellas), par elo deberá acceder á aplicación da biblioteca online (podes ver como a temos enlazada no blogue do meu centro aquí)
Xa dentro da aplicación deberá escribir o número no campo correspondente e premer o botón -BUSCAR- ou enter.
Como no caso do exemplo anterior, se se trata dunha colección aparecerán tódolos libros da mesma, se se trata dun único libro este seá o que apareza.
Con cada libro o neno/a pode escoller entre engadir á cola de impresión o libro ou rexistrarlo co carnet QR (que permitirá logo tamén engadir á cola de impresión dita portada), só no segundo caso quedarán almacenados os datos, se só se envía á cola de impresión non se gardará nada.
Cando se preme o botón da impresora coa icona +, a portada engádese á cola de impresión, que está presente na parte dereita da pantalla, alí vanse ir acumulando tódalas portadas, para imprimilas cando se desexe.
Como funciona a cola de impresión?:
Na cola de impresión vanse almacendo as imaxes das portadas que foron rexistradas co código QR o carnet, ou que directamente foron engadidas á cola, co botón da impresora coa icona +.
Podes imprmir a cola de impresión en calquera momento, empregando o botón da impresora que está presente na parte superior (1).
Ten en conta o seguinte ao respecto da cola de impresión:
- A cola de impresión valéirase en canto se abre o menú de imprimir, imprímase ou non finalmente.
- Podes engadir á cola tantas portadas como consideres, se non caben nun folio, pasará ó seguinte á hora de imprimilas.
- Podes eliminar calquera portada da cola de impresión, na icona correspondente (2), esto SÓ elimina a portada da cola de impresión, pero non marca o libro como devolto (para iso consulta o apartado correspondente neste manual.
https://www.youtube.com/embed/6keA_9ianvI
Xa coa portada impresa poderá empregala para pegala no libro de rexistro (xunto co seu nome, título do libro, número do libro, data... ou calquera outro dato que e quiera.
Tan só quedará gardalo na carpeta ou lugar que se considere e poderá levalo para a súa casa.
Podes ver un exemplo de como se pode empregar a aplicación na aula, nas seguinte entrada do blogue do meu centro aquí.


