1.1.5-h - Crear seccións nas páxinas das túas libretas
Dentro dunha libreta, con varias páxinas dentro, podes marcar algunhas delas como "seccións" de modo que, cando entres nas páxinas da libreta, teñas lapelas con acceso directo a ditas seccións. Por así dicilo son "separadores" que marcan grupos de páxinas, posto que se por exemplo marcs como sección a paxína 2 e a seguinte sección na páxina 7, tódalas páxinas entre a 2 e a 6 estarán dentro da mesma lapela de sección. Basta con crear a seccion na primeria páxina do bloque a crear (non en todas elas)
Para marcar unha sección podes facelo desde al lista de páxinas, mantendo pulsado na páxina a marcar.
Dentro da propia páxina tamen poderás marcala, no menú de tres puntos.
Pedirase posteriormente o nome a poñer na sección.
Cando importes un arquivo pdf con máis de dúas páxinas, automáticamente ofrecerase a opción de crear unha sección, marcando como "secicón" a primeira páxina do pdf a importar.
Para desmarcala teremos que facer o mesmo cunha páxina que xa estea marcada como sección, ben desde a lista como dentro da propia páxina.
Se queres cambiar o nome da sección terás que "quitala" e voltar a creala/marcala, co novo nome.



