inicioacceso usuarios/asGALCAST
.

1.1.1.2 - Compartir e xestionar cartafoles compartidos desde a APP

Desde a APP (versión 3.1.141 ou superior) tamén podes xestionar os cartafoles compartidos. Podes facer o seguinte:

  • Convidar a outros usuarios usando o lector QR e o código persoal de cada usuario
  • Eliminar un usuario dun cartafol, da túa propiedade, que estivese compartido.
  • Abandonar un cartafol, do que non eres propietario, pero compartido contigo.

 

Como consigo o meu código QR de usuario?

Cada usuario ten o seu código QR único, que permite ser escaneado pola APP (desde a versión 3.1.141 ou superior), para convidalo a un cartafol. Podes atopar o teu código QR de usuario :

  • Na web: no apartado as miñas aplicacións

 

  • Na APP, no menú "máis",  escollendo a opción "código para convidarme"


 

 

Como retiro a usuarios compartidos nun cartafol:

Tan só tes que acceder á lista de cartafoles, no menú superior, e deslizar á esquerda  sobre o cartafol en cuestión, para poder xestionar os usuarios que comparten o cartafol. (En Android ábrese uha ventá emerxente coas mesmas opcións)

 

No caso de facelo desde un cartafol no que estás convidado, facendo o mesmo terás a opción de abandonar o cartafol no que esteas convidado.

 

Como compartir cartafoles usando a APP

Tan só tes que escanear o código QR do usuario que queiras convidar, ó cartafol que teñas aberto, e confirmalo. 

Podes ver como funciona neste vídeo (1ª parte):